Saltar ao contido

Vista dende a ventá en Le Gras

Vista dende a ventá en Le Gras
 Título
Untitled 'point de vue' (en)
Point de vue du Gras (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Material / ingrediente
 Método de fabricación
 Cor
 Xénero artístico
 Colección
Implicados
 Creador/a
Datas
 Fundación / creación
1827 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Altura
   16,7 cm Editar o valor en Wikidata
 Anchura
   20,3 cm Editar o valor en Wikidata
 Espesor
   0,15 cm Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 Lugar de creación
 País de orixe
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
Freebase/m/03wgz2x Editar o valor en Wikidata
 Número inventario
964:0000:0001 (Centro Harry Ransom) Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Vista dende a ventá en Le Gras (en francés: Point de vue du Gras) é a fotografía permanente máis antiga que se conserva. Foi tomada polo inventor francés Nicéphore Niépce en xuño de 1826, dende unha ventá do terceiro piso da súa casa de campo en Le Gras, Saint-Loup-de-Varennes, Francia.[1]

Descrición

[editar | editar a fonte]
A cámara escura de Niépce de 1920, exposta no Museo Nicéphore-Niépce en Chalon-sur-Saône, Francia.

Niépce capturou a fotografía cunha cámara escura enfocada nunha folla de 20 × 25 cm tratada con betume de Xudea. Como resultado das 8 horas de exposición, a luz do sol ilumina os edificios de ámbolos dous lados.

A placa tratada con betume de Xudea, hoxe en día conservada no Harry Ransom Humanities Research Center, en Austin.

Despois dunha viaxe sen éxito a Gran Bretaña para tentar que a Royal Society se interesara no proceso, Niépce deu a foto ó botánico Francis Bauer. Foi exhibida ó público en 1898 por última vez, e posteriormente foi esquecida. Foi adquirida polo coleccionista Helmut Gernsheim, que volveu sacala á luz en 1952 e a Eastman Kodak Company realizou unha copia.

En 1973, a Universidade de Texas adquiriu a colección de Helmut Gernsheim e hoxe en día exhíbese no Harry Ransom Humanities Research Center, na cidade de Austin.

A revista Life colocouna na súa lista das "100 fotografías que cambiaron o mundo".[2]

  1. ↑ "Maison da Première Photo". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2011. Consultado o 16 de novembro de 2010.
  2. ↑ Revista Life

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]