Saltar ao contido

Gus Grissom

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Virgil I. Grissom»)
Modelo:BiografíaGus Grissom

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de abril de 1926 Editar o valor en Wikidata
Mitchell, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xaneiro de 1967 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Cape Canaveral, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, smoke inhalation injury (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio Nacional de Arlington, Section 3, Lot 2503-E, Grid Q-15/16 38°52′27″N 77°04′16″O / 38.87418, -77.07104 Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola de Pilotos de Probas da Forza Aérea dos Estados Unidos
Universidade Purdue
Mitchell High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónastronauta (1959–), flight instructor (en) Traducir, oficial da forza aérea, astronauta, enxeñeiro mecánico, piloto de probas, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorNASA, astronauta Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rama militarForza Aérea dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Rango militarlieutenant colonel (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra de Corea Editar o valor en Wikidata
Tempo no espazo5 horas e 7 minutos Editar o valor en Wikidata
Misión do astronauta
Familia
CónxuxeBetty Grissom (1945–1967), morte Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
voo sub-orbital (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteIndiana Authors and their Books, 1967-1980
Enciclopedia soviética armenia, volume 3, (p.231) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0342628 WikiTree: Grissom-454 Find a Grave: 422 Editar o valor en Wikidata

Virgil Ivan "Gus" Grissom, nado en Mitchell, Indiana, o 3 de abril de 1926 e finado o 27 de xaneiro de 1967, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións Mercury-Redstone 4 e Gemini 3.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Grissom graduouse en enxeñería mecánica pola Universidade Purdue. Recibiu as súas ás como membro da Forza Aérea en marzo de 1951. Acadou o rango de tenente coronel, voou en 100 misións de combate na guerra de Corea. Ao seu regreso aos Estados Unidos, en 1952, foi nomeado instrutor de avións a reacción en Bryan (Texas). En agosto de 1955 entrou no Instituto Tecnolóxico da Forza Aérea na base Wright-Patterson, en Ohio. En outubro de 1956 deu clases na escola de pilotos de proba da base Edwards, volvendo a Wright-Patterson en maio de 1957 como piloto de probas.[1][2]

Grissom foi un dos sete astronautas seleccionados pola NASA en abril de 1959 para o proxecto Mercury. Pilotou a cápsula Liberty Bell 7 durante a misión suborbital Mercury-Redstone 4 o 21 de xullo de 1961, un voo que durou 15 minutos e 37 segundos. Foi comandante da primeira misión tripulada do programa Gemini o 23 de marzo de 1965, a Gemini 3, unha misión na que a cápsula deu tres voltas á Terra.[1][2]

Virgil Grissom faleceu o 27 de xaneiro de 1967 durante unha proba en terra da cápsula Apollo ao incendiarse o seu interior e non poder escapar. En honor aos astronautas falecidos a proba sería denominada Apollo 1.[1][2]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Mark Wade (2020). "Grissom, Virgil Ivan 'Gus'" (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 NASA, ed. (decembro de 1997). "VIRGIL I. GRISSOM (LIEUTENANT COLONEL, USAF)NASA ASTRONAUT (DECEASED)" (PDF) (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]