Vilarrube, Valdoviño
Vilarrube | |
---|---|
Igrexa de San Martiño de Vilarrube. | |
Concello | Valdoviño[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°37′51″N 8°04′15″O / 43.6307, -8.0707 |
Área | 6,2 km² |
Poboación | 319 hab. (2019) |
Densidade | 51,45 hab./km² |
Entidades de poboación | 23[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Martiño de Vilarrube é unha parroquia situada no oeste do concello de Valdoviño. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 323 habitantes (153 mulleres e 170 homes) distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2008 cando tiña 363 habitantes. Ten unha superficie de 6,2 km², cunha densidade de poboación de 52,1 hab./km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa de San Martiño de Vilarrube atópase localizada sobre unha ladeira, arrodeada de árbores no lugar de Adro. É un templo de estilo barroco con planta rectangular dunha soa nave cuberta con bóveda de canón, ábsida, dúas capelas laterais e sancristía. Destaca pola cor branca da súa fachada, que presenta unha torre campanario de planta circular e rematada por unha cúpula. Merece especial mención o retablo neogótico do seu altar maior, coas imaxes da Sagrada Familia e de San Martiño, patrón da igrexa.
O pazo de Vilarrube atópase sito nos arredores da igrexa de San Martiño, sobre o cumio dun monte dominando toda a enseada de Esteiro. É un edificio de grandes dimensións e planta irregular fundado polas familias Piñeiro e Maseda, cuxos escudos consérvanse na súa fachada. Merecen especial mención os xardíns que arrodean todo o edificio e a pequena ermida sita no seu interior, que garda un interesante retablo barroco. Na actualidade, é de propiedade privada, non podendo ser visitado.
A ponte de Porto do Cabo foi construída na época medieval e utilizada dende as súas orixes para salvar o río Porto do Cabo, de aí o seu nome. Posúe dous arcos de medio punto, un deles de menor medida, utilizado nos medres do río.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Praia de Vilarrube.
-
Capela da Virxe da ermida.
-
Capela de Liñeiro.
-
Cruceiro.
-
Lintel da igrexa parroquial.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Vilarrube
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Vilarrube no concello de Valdoviño (provincia da Coruña) | |
---|---|
O Adro | Arnela | A Atalaia | O Bacelar | As Campeiras | O Campón | A Capela | O Castro | Cotelo | A Escola | As Ferrerías | O Folgar | As Folgueiras | A Fonte Grande | Freixeiro | Ianes | Liñeiro | O Patronato | A Pena | A Porta da Pía | O Porto de Abaixo | O Porto de Arriba | O Puntal | Quengo | O Ribeiro | As Torrentes | Vila Herminia | Vilelas |
Parroquias de Valdoviño
[editar | editar a fonte]