Vila de Rei, Trasmiras
Coordenadas: 42°00′50″N 07°31′47″O / 42.01389, -7.52972
Vila de Rei | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial | |
Concello | Trasmiras[1] |
Provincia | Ourense |
Poboación | 170 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Vila de Rei é unha parroquia do concello de Trasmiras na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2013 tiña 170 habitantes (86 homes e 84 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 236 habitantes.
A parroquia está atravesada pola estrada N-525 e pola Vía da Prata do Camiño de Santiago.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
No lugar do Castelo estaba a Fortaleza de Canderrei, punto de vixilancia da lagoa de Antela canda as torres de Sandiás, Porqueira e A Pena. No ano 1037 aparece citado como Castello Kenderedi. No ano 1100 foi doado por Onega Fernández ao abade Pedro de Celanova. No lugar existe hoxe unha capela consagrada á Virxe dos Remedios, de estilo barroco.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Estrada N-525 ao seu paso pola parroquia, onde recibe o nome de Avenida de Vicente Risco.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Vila de Rei[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Vila de Rei no concello de Trasmiras (Ourense) | |
---|---|
O Alto | A Carreira | O Castelo | O Couto | O Curro | Santo André | Seixas | Vila de Rei |