Abavides, Trasmiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°02′N 07°38′O / 42.033, -7.633

Abavides
Igrexa de San Martiño de Abavides, Trasmiras.jpg
Igrexa de San Martiño de Abavides
ConcelloTrasmiras
Área6,36 km²
Poboación156 hab. (2016)
Densidade24,53 hab./km²
Entidades de poboación7

San Martiño de Abavides é unha parroquia do concello ourensán de Trasmiras na comarca da Limia. Segundo o IGE[1], en 2016 tiña 156 habitantes (73 homes e 83 mulleres). Atópase a 640 m sobre o nivel do mar. Atópase á altura do quilómetro 192 da estrada N-525.

Historia[editar | editar a fonte]

Os feitos históricos de relevancia no concello sempre estiveron vinculados á historia da comarca da Limia. Así, a tribo que habitou estas terras era a dos Límicos, que, posteriormente, sufriron a romanización. Nesta época o territorio do que é o actual Trasmiras estaba baixo a influencia do 'Forum Limicorum'.

Na idade Media a parroquia de Abavides pertencía ó señorío do Conde de Lemos, quedando o resto do territorio baixo o señorío do Conde de Monterrei.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Touro de Osborne a carón da A-52 ao seu paso pola parroquia.

A igrexa parroquial conserva algúns restos do románico, pero a maior parte da construción é de feitura barroca, trala reforma levada a cabo entre 1688 e 1728. As pedras da construción medieval foron aproveitadas no muro do camposanto. No seu interior destaca o retablo maior, feito en 1773 por Gregorio Álvarez de Araujo e restaurado no 2004.

Nesta parroquia, a carón da estrada N-525 e da autovía A-52, está un dos cinco touros de Osborne existentes en Galicia: valados publicitarios colocados á beira das estradas por toda España na segunda metade do século XX e declarados patrimonio cultural e artístico.

Clima[editar | editar a fonte]

Presenta un clima fundamentalmente continental, caracterizado polas escasas choivas (uns 700mm anuais), un forte contraste de temperaturas, moi baixas en inverno e altas en verán, e frecuentes xeadas.

Festas[editar | editar a fonte]

As festas celébranse a primeira fin de semana de setembro.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

San Martiño, O Banco, Alpeidín, Cacabelo, Cruces, A Madorra, O Seixo, A Trapa, O Calvario, A Costa, O Morouzo, A Torre, O Dornallo, A Veiga, As Riscas, A Regada, Os Pozos, A Igrexa, Cruces.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Abavides[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Abavides no concello de Trasmiras (Ourense)

Abavides | O Banco | Cacabelo | Cruces | A Madorra | O Seixo | A Trapa

Parroquias de Trasmiras[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Trasmiras

Abavides (San Martiño) | Chamosiños (Santa Baia) | Escornabois (Santa María) | Lobaces (Santa María) | Trasmiras (San Xoán) | Vila de Rei (San Salvador) | Vilar de Lebres (San Salvador) | Vilaseca (San Román) | Zos (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]