Vidmak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Na mitoloxía eslava o Vidmak (en ucraíno: Відьмак, Vidmak; en ruso: Ведьмак, Vědmák ou en polaco: Wiedźmin [1]) é un meigo, o equivalente femenino é chamado Vidma ou vedma,[2] pero a diferenza desta, o vidmak pode ter cualidades positivas.

Por exemplo, sandan ás persoas e animais,[3] protexen a humanidade, e forzan ás bruxas para deixar de facer o mal. Por outra banda, están ligados ao Diaño e son capaces de prexudicar outras persoas enviando enfermidades, matando gando, estragando a colleita etc.[4] A palabra tamén se usa como un insulto.[4] O vidmak pode converterse en calquera animal ou obxecto.[4]

O termo vidmak ven da verba Proto-Eslava vědě ("coñecer") e do ruso antigo вѣдь ("bruxería").

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aspects of contemporary Ukraine (en inglés).
  2. Wood Besant, Annie (January–April 1903). Theosophical Review Magazine (Kessinger Publishing): 401.  Falta o |title= (Axuda)
  3. Ushakov's Dictionary
  4. 4,0 4,1 4,2 Yefimova's Modern Explanatory Dictionary of the Russian language, 2000.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]