Conversa:Vida Gallega

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vida Gallega naceu en 1904, non en 1909[editar a fonte]

Boas tardes,

Acho que este artigo ten de ser cambiado na redacción para dar cabida aos primeiros catro números desta publicación, que foron editados entre o 7 e o 28 de febreiro de 1904. Aínda que na portada non figura o director e/ou o fundador, é lóxico pensar que foi o mesmo Jaime Solá, posto que na capa se remite ao Noticiero de Vigo, dirixido por este. Velaquí están os devanditos catro números.

Saúdos!--Castelao (conversa) 2 de xaneiro de 2019 ás 20:14 (UTC)[responder]

Mmm. Toda a bibliografía di que comezou en 1909. --. HombreDHojalata.conversa 2 de xaneiro de 2019 ás 21:04 (UTC)[responder]
Bos días, HombreDHojalata! A verdade é que o erro está amplamente estendido. Repetilo unha e outra vez non pode ocultar a realidade, que é a que demostra a ligazón que puxen. É moi evidente. Non se trata dun erro tipográfico na data. Pódese comprobar cotexando as novas con outras contemporáneas. Houbo un primeiro intento de crear unha revista gráfica galega xa en 1904, que fracasou. O momento ou o deseño non foron os axeitados. Os motivos que levaron a Solá a esquecer esa verdadeira primeira época, descoñézoos. Quizais foi unha estratexia mercadotécnica, ás que estaba tan habituado. O propio Ribao na súa senlleira obra sobre a revista avisa da existencia desta primeira experiencia (páxinas 351 e ss.). Que eu saiba hai dous arquivos que teñen eses catro primeiros exemplares. A única dúbida que teño é como ten de acometerse o cambio na redacción do artigo: debe manterse a referencia a Castelao na introdución ou non?, debe falarse das tres épocas nese mesmo espazo ou non? É unha publicación o suficientemente importante como para ir con tento e non facer cambios por facelos. Por iso deixo aquí estas palabras e non lle meto man xa de súpeto. Houbo outros moitos redactores antes ca min e quizais queiran dar a súa opinión. Grazas por intervir e saúdos!--Castelao (conversa) 3 de xaneiro de 2019 ás 07:49 (UTC)[responder]
Eu penso que se debería distinguir, xa que logo, entre Vida Gallega (1904) e Vida Gallega (1909), xa que o primeiro número editado en 1909 leva o número 1, e non o número 5. Porén, a etapa entre 1954 e 1963 entendo que si é continuadora da etapa 1909-1938. Que opina Usuario:Xas? --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de xaneiro de 2019 ás 08:43 (UTC)[responder]
Concordo co que di Estevo(aei), ainda que teñen o mesmo nome, non se pode considerar a Vida Gallega de 1904 como unha primeira etapa da Vida Gallega de 1909. Son dúas publicacións diferentes co mesmo nome, e así o recoñece a mesma Galiciana. Polo tanto creo que habería que crear un novo artigo para esta Vida Gallega de 1904. Xas (conversa) 3 de xaneiro de 2019 ás 14:23 (UTC)[responder]
Acho que a idea de Jaime Solá foi en ambas as dúas publicacións a mesma. O que cambiou realmente foi o xeito de abordar tecnicamente o labor. O propio Ribao recoñece que «responde a unhas intencións semellantes ás que derivarán na segunda e lonxeva etapa de Vida Gallega a partir de 1909». Así, en 1928 a redacción de Vida Gallega (é dicir, Solá) explicaba que, tras a primeira época, «volveu a encariñarse co proxecto» e buscou «fóra de Galiza os elementos tipográficos que aquí non existían». Non foron revistas diferentes, senón que mantiveron un substrato idéntico. O xeito de materializalo é o que mudou e o que gustou en América foi que esteticamente a edición de 1909 era un «digno pregón das belezas da súa terra e o estañador das feridas da morriña», mentres que a de 1904 saíu «medianamente impreso cos contados elementos de que entón disponía en Galicia». Polo tanto: mesma idea, mesmo editor, mesmo director, mesma cabeceira; ergo, mesma publicación. Que Galiciana faga distinción entre un período e outro non é, na miña opinión, razón suficiente para consideralas radicalmente distintas. Galiciana indica, ademais, que «é continuación de Vida Gallega» (a de 1904). A chamada segunda época (de 1954 a 1963) ten conceptualmente tantas diferenzas coa de 1909 como a de 1904 con esta mesma. Porén, si que é desde un punto de vista de deseño máis diferente a de 1954 da de 1909 que a de 1904.
En definitiva: penso que se aceptamos un artigo específico para Vida Gallega de 1904, deberiamos facer o mesmo para a de 1954, é dicir: separar as tres épocas. Senón, se mantemos xuntas a segunda e terceira épocas, para ser xustos, deberiamos engadir tamén a primeira. Saúdos e quedo á espera de máis argumentacións!--Castelao (conversa) 3 de xaneiro de 2019 ás 15:31 (UTC)[responder]
Á vista do que comenta Castelao e unha vez vistas as diferenzas entre a Vida Galega de 1909 e a de 1954, teño que darlle a razón. Polo tanto mofifico a miña postura e son partidario de facer un único artigo sinalando as tres etapas da revista. Castelao, grazas por tan documentados comentarios. Xas (conversa) 3 de xaneiro de 2019 ás 22:36 (UTC)[responder]