Victoriano Fernández Asís

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVictoriano Fernández Asís
Biografía
Nacemento(es) Victoriano Fernández de Asís Editar o valor em Wikidata
xullo de 1906 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de maio de 1991 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMadrid (1933–1991)
Salamanca
A Coruña Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca - licenciatura en Dereito (1924–1928) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentador de televisión , xornalista , avogado Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1924 Editar o valor em Wikidata - xullo de 1981 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorRTVE Instituto (1975–1981)
Facultade de Ciencias da Información (1972–1981)
Escuela Oficial de Periodismo (en) Traducir (1956–1975)
RTVE (1940–1981)
El Día (1933–1936)
Pueblo (en) Traducir
El Sol
Orzán
Q97073897 Traducir
Q115800419 Traducir Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioLuis de Salazar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios


Victoriano Fernández Asís, tamén coñecido polo pseudónimo Luis de Salazar, nado na Coruña en xullo de 1906 e finado en Madrid o 14 de maio de 1991[1], foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo os estudos de bacharelato na Coruña e colaborou no periódico El Orzán. Licenciado en Dereito pola Universidade de Salamanca. Colaborou en Galicia Nueva e dirixiu os diarios El Orzán e El Día. A finais de 1933 instalouse en Madrid e ao ano seguinte comezou a colaborar no diario El Sol.

Despois da guerra civil traballou no Diario Pueblo, primeiro escribindo sobre cuestións navais e finalmente facendo crítica literaria. Despois pasou a Radio Nacional de España, da que foi xefe da Programación Cultural, colaborando durante moito tempo no programa España a las ocho. Foi director da revista mensual Vía Libre e secretario da Revista General de Marina.

Ingresou en TVE en 1956, o ano da súa inauguración, para moderar un debate sobre a rebelión de Hungría, da que fora testemuña. Continuou participando en programas de debate e entrevistas, como La hora Philips. En 1959 foi nomeado Xefe de Programas, incluídos os informativos, cargo que desempeñou até 1962. Puxo en marcha varios programas de entrevistas, debate e información política, como La figura de la semana, dentro do programa Festival Marconi (1956-1957), Imagen de una vida (1956), Foro TV (1963-1964), Rueda de prensa (1965-1966), Llamada al diálogo (1966), Tribuna TV (1967-1968), Hora punta (1969) e ...Y siete (1971). Posteriormente dirixiu o Telediario a principios dos anos setenta. En 1974 presentou brevemente o Telediario, pero tralo cesamento de Pío Cabanillas, ese mesmo ano, abandonou o medio. Foi director do Instituto Oficial de Radio y Televisión (1978-1980).

Impartiu clases de xornalismo na Escola Oficial Xornalismo e na Escola de Radio e Televisión e na Facultade de Ciencias da Información, da que foi nomeado vicedecano en 1972.

Obras[editar | editar a fonte]

  • La dragoneta.
  • Tiempo nuevo.
  • Doces meses y un día (con Cipriano Torre Enciso).
  • El Madrid de los Austrias (1965).
  • Las incógnitas de los medios electrónicos.
  • Los medios audiovisuales en el desarrollo cultural (1968).
  • Radio-televisión, información y programas las incógnitas de los medios electrónicos (1986).
  • Epistolario de Felipe II sobre asuntos de mar (1986).

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio Ondas (Nacionais de Televisión) en 1963, como Mellor Director.
  • Premio Rodríguez Santamaría, 1981.
  • Premio Luca de Tena.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]