Orzán (revista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Orzán
PaísArxentina
Lugar de publicaciónBuenos Aires
Fundación1948
Circulación
Frecuencia1 ano
editar datos en Wikidata ]

Orzán foi unha publicación editada en Buenos Aires entre 1948 e 1957.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulada Revista del Centro Coruñés de Buenos Aires, apareceu en 1948, aínda que se descoñece a data concreta. Tiña unha periodicidade anual e nela apareceron artigos vencellados ao Centro Coruñés, traballos sobre Galicia e a súa historia e fragmentos literarios. Dirixida por Bieito Cupeiro, entre os colaboradores estaban Ramón Suárez Picallo, Castelao, Fernández Longueira, Xulio Sigüenza, Antón Alonso Ríos, Faustino Rey Romero e Leandro Carré Alvarellos. O último número coñecido é o 9, publicado en 1957.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]