Vicente Vales Lorenzo
Vicente Vales Lorenzo | |
---|---|
Nacemento | 1897 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Vicente Vales Lorenzo, nado en Vigo en 1897, foi un mariñeiro e militante anarcosindicalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Dende 1930 tivo grande actividade no ambiente mariñeiro. En novembro de 1930 foi elixido delegado da sección pesqueira de Vigo, e secretario xeral da sección da frota pesqueira en decembro do mesmo ano.

Foi directivo do Sindicato de Industria Pesqueira de Bouzas-Vigo, ao que representou durante a folga de buques por parellas acontecida no segundo semestre de 1932 contra a sociedade patronal La Marítima. En novembro asinou un primeiro acordo, que non foi aprobado polos afiliados. Foi acusado de participar no tiroteo do 22 de novembro no que resultou ferido Valentín Paz-Andrade, avogado da patronal. Logo de permanecer detido até abril de 1933, foi absolto no xuízo, sendo defendido por Agustín Ribas e Isidoro Millán Mariño.
Colaborou no periódico pesqueiro Mar y Tierra (1932-33), e no número 7 de Solidaridad Obrera, voceiro da Confederación Rexional Galaica, co artigo "Crónica de Vigo. ¿Que significa la ley?" (1931).
Despois da sublevación do 18 de xullo de 1936 emigrou a Venezuela.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Atentado contra Paz-Andrade" Faro de Vigo (en castelán).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Pereira, D. e Fernández, E.: O anarquismo na Galiza. Apuntes para unha enciclopedia, Ed. Positivas, 2003. P. 261.
- Briallos, Antón (2003). "Vigo 1936. La contribución libertaria a la resistencia contra el alzamiento militar de 1936 en Vigo" Ateneu Libertário Ricardo Mella (en castelán).