Vicente Soto Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVicente Soto Martínez
Biografía
Nacemento1911 Editar o valor em Wikidata (112/113 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Vicente-Santiago Soto Martínez, nado en Pontevedra cara a 1911, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. Foi socio fundador da Casa del Maestro de Pontevedra.[1] Fixo o cursiño de selección profesional para o ingreso no maxisterio de 1936.[2] De ideoloxía socialista. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na defensa do goberno civil pontevedrés e na requisa de armas. Foi detido e xulgado en consello de guerra en Pontevedra por rebelión militar o 4 de febreiro de 1937 con Timoteo Blanco Abal, José Campos Villar, Adolfo Caeiro García e José Elías Silva Caneda.[3] Un informe da Garda Civil considerábao "De dudosa conducta y antecedentes, simpatizante del frente popular, propagandista de izquierdas". Condenado a cadea perpetua, pasou pola Illa de San Simón e despois foi trasladado ao penal de San Cristóbal de Pamplona a onde chegou o 11 de outubro. Conmutada a súa pena a catro anos o 26 de xuño de 1940, saíu con prisión atenuada o 20 de agosto.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 22-3-1934, p. 11.
  2. El Noticiero Gallego, 18-5-1936, p. 5.
  3. El Diario de Pontevedra, 4-2-1937, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]