Bursaspor Basketbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bursaspor
Información xeral
Liga BSL / BCL
Alcume Timsahlar (crocodilos)
Fundación 2014
Cores           Verde, branco
Presidente Sezer Sezgin
Adestrador Vacante
Localización
Cidade Bursa, Turquía
Pavillón Tofaş Spor Salonu
Capacidade 7 500
bursaspor.org.tr

O Bursaspor Basketbol é un club profesional de baloncesto turco con sede na cidade de Bursa. Actualmente xoga na Basketbol Süper Ligi (BSL), a máxima categoría do baloncesto turco, e na Basketball Champions League. Fundado en 2014, o club é a sección de baloncesto do club polideportivo Bursaspor. O equipo xoga os seus partidos como local no Tofaş Spor Salonu, recinto con capacidade para 7 500 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

A sección de baloncesto do Bursaspor foi fundada no ano 2014, comezando a súa andaina na terceira división turca. Na temporada 2018−19 consegue o ascenso á máxima categoría, a Basketbol Süper Ligi (BSL) apos gañaren o campionato da segunda división, a Türkiye Basketbol Ligi (TBL). Este fito produciuse despois de teren gañado 25 xogos e perderen tan só 5. Na temporada 2019−20, o club tivo un rendemento destacábel a pesar de ser un equipo debutante, ocupando o noveno lugar antes da cancelación da liga por mor da pandemia de COVID-19. Na temporada 2020−21 o equipo finaliza de novo en noveno lugar, conseguindo clasificarse para xogar a EuroCup. Ao ano seguinte o club consegue un dos seus principais fitos ao chegar á final da EuroCup, onde perderon ante a Virtus Bologna por 80–67 nun encontro disputado na propia Boloña. Unha vitoria neste partido teríalles permitido disputar na seguinte temporada a Euroliga. A nivel doméstico o seu mellor posto foi na temporada 2022−23, cando o equipo conseguiu finalizar en quinto lugar despois de teren gañado 17 encontros.[1]

Patrocinadores[editar | editar a fonte]

Por motivos de patrocinio o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:

  • Bursaspor Durmazlar (2016−2019)
  • Frutti Extra Bursaspor (2019−2023)

Temporadas[editar | editar a fonte]

Ano Nivel División Pos. V–D Copa Competicións europeas
2017–18 2 TBL
2018–19 2 TBL 25–5
2019–20 1 BSL 11–12
2020–21 1 BSL 13–17 2 EuroCup RS
2021–22 1 BSL 19–14 2 EuroCup RU
2022–23 1 BSL 17–15 2 EuroCup 8F

Xogadores[editar | editar a fonte]

Destacados[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Frutti Extra Bursaspor". Eurobasket (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]