Vicente Capdevila
Vicente Capdevila Cardona, nado en L'Hospitalet de Llobregat o 28 de outubro de 1936 e finado na mesma vila o 21 de marzo de 2020, foi un avogado e político catalán.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto foi vicepresidente da Asociación de Antigos Alumnos de Deusto. En 1964 foi nomeado concelleiro do terzo corporativo na súa cidade natal e foi tenente de alcalde de Cultura até 1971.[2] O 3 de abril de 1973 tomou posesión como alcalde de L'Hospitalet de Llobregat, e ocupou o cargo até 1977.[3] Foi vicepresidente da Corporación Metropolitana de Barcelona e deputado provincial.
Nas eleccións xerais de 1977 foi elixido deputado da UCD pola circunscrición electoral de Barcelona.[4] Entre o 3 de xuño de 1978 e o 18 de xaneiro de 1980 foi director xeneral de Administración Local do Ministerio de Administración Territorial.[5][6] Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 1980 foi elixido deputado de Centristes de Catalunya-UCD por Barcelona e permaneceu no cargo até maio de 1984, aínda que en xullo de 1983 pasou ao Grupo Mixto.[7]
Faleceu aos oitenta e tres anos o 21 de marzo de 2020 a consecuencia da COVID-19. Foi un dos primeiros políticos de Cataluña falecidos a consecuencia da pandemia por enfermidade de coronavirus.[8][1][9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Mor per coronavirus Vicenç Capdevila, exalcalde de l'Hospitalet de Llobregat" (en catalán). 22 de marzo de 2020. Consultado o 22 de marzo de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 "Biografía en la Base Documental de Historia Contemporánea de Cataluña" (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2013. Consultado o 22 de xullo de 2024.
- ↑ "Noticia de la toma de posesión como alcalde".
- ↑ "Ficha como diputado en la web del Congreso de los Diputados".
- ↑ "Nombramiento como director general de Administración Local en el BOE".
- ↑ "Cese como director general de Administración Local en el BOE".
- ↑ "Composición del Parlamento de Cataluña durante la I Legislatura" (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 24 de septiembre de 2015. Consultado o 12 de octubre de 2015.
- ↑ "Mor Vicenç Capdevila, exalcalde de l'Hospitalet de Llobregat, per coronavirus". 22 de marzo de 2020. Consultado o 22 de marzo de 2020.
- ↑ El Periódico, El (22 de marzo de 2020). "Mor per coronavirus l'exalcalde de l'Hospitalet Vicenç Capdevila" (en catalán). Consultado o 22 de marzo de 2020.