Vendaxe
Vendaxe | |
---|---|
Home con vendaxe no brazo debido a unha ferida grave. As vendaxes son comúns en deportes das artes marciais para previr luxacións, e outros como fútbol, baloncesto etc., para previr lesións e proporcionar soporte. | |
Datos clínicos | |
Nome comercial | Diversas marcas e tipos dependendo da función específica e material: vendaxes elásticas, vendaxes cohesivas, vendaxes de gaza, etc. |
Rutas de administración | Tópico |
Código ATC | |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Unha venda[1] ou vendaxe[2] é unha tira téxtil ou doutro material que se usa para deter e absorber o sangue das feridas, proporcionar soporte e estabilización a lesións, e asegurar apósitos ou outros dispositivos médicos no seu lugar.
Na fala común, a palabra "venda" úsase a miúdo para significar un apósito, aínda que tecnicamente as dúas son cousas diferentes.
Tipos de vendaxes
[editar | editar a fonte]As vendaxes son fundamentais para o coidado médico e deportivo, con diferentes tipos adaptados a necesidades específicas.
- Vendaxes de gaza: Feitas de algodón ou mesturas, empregadas para cubrir feridas e proporcionar soporte.
- Vendaxes elásticas: Material elástico para presión controlada, útil contra as inflamacións e os edemas.
- Vendaxes adhesivas: Con adhesivo incorporado, usadas para fixar apósitos e dar soporte aos músculos en deportes.
- Vendaxes tubulares: Fáciles de aplicar nas extremidades, serven para manter apósitos en áreas complicadas.
- Vendaxes de compresión: Usadas para exercer presión e tratar condicións como as varices ou previr trombose posquirúrxica.
Outro tipo particular son as vendaxes neuromusculares, cuxa eficacia é debatida. A pesar do seu estendido uso, non demostrou eficacia no seu uso en ensaios clínicos[3][4] e non hai evidencia científica de que proporcionen algún beneficio superior ao placebo, polo que é considerada por algúns un tratamento de pseudociencia.[5][6][7]
Notas
- ↑ "venda". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-08-09.
- ↑ "vendaxe". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-08-09.
- ↑ "The Clinical Efficacy of Kinesio Tape for Shoulder Pain: A Randomized, Double-Blinded, Clinical Trial - JOSPT – Journal of Orthopaedic & Sports Physical Therapy". Jospt.org. doi:10.2519/jospt.2008.2791. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2010. Consultado o 29 de xullo de 2010.
- ↑ González-Iglesias J, Fernández-de-Las-Peñas C, Cleland JA, Huijbregts P, Del Rosario Gutiérrez-Vega M (vde 2009). "Short-term effects of cervical kinesio taping on pain and cervical range of motion in patients with acute whiplash injury: a randomized clinical trial" 39 (7): 515–21. PMID 19574662. doi:10.2519/jospt.2009.3072.
- ↑ Novella, Steven (25 de vde 2012). "Olympic Pseudoscience". Science-Based Medicine. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2018. Consultado o 13 de marzo de 2018.
- ↑ "A Miscellany of Medical Malarkey Episode 3: The Revengening". Science-Based Medicine. 9 de marzo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 13 de marzo de 2018.}
- ↑ "Kinesio Tape for Athletes: A Big Help, or Hype?". Web MD. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2018. Consultado o 13 de marzo de 2018.}
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vendaxe |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Como aplicar unha venda nunha figura de 8 ao redor dun nocello. (YouTube)
- Como aplicar unha venda en estilo circular ao redor dun pulso. (YouTube)
- Como aplicar unha venda compresiva para o linfedema. Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |