Veguellina de Órbigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°26′16″N 5°53′05″O / 42.43778, -5.88472 Veguellina de Órbigo é unha localidade española pertencente ao concello de Villarejo de Órbigo, na provincia de León. Tiña unha poboación de 2.113 habitantes en 2015, sendo a localidade máis poboada do concello.

Atópase na estrada que une León e La Bañeza e tamén conta cunha saída da autoestrada León-Astorga. Ademais pasa pola pedanía a liña férrea entre León e A Coruña, aberta en 1866, data na que tamén foi inaugurada a estación de Veguellina.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]