Veas cavas
Aparencia
As veas cavas superior e inferior (latín: "venae cavae", singular "vena cava") son as veas que devolven o sangue do corpo (pobre en osíxeno) en dirección á aurícula dereita do corazón:[1]
Vea cava inferior: segue á beira da aorta abdominal cargando sangue da parte inferior do corpo. É a vea máis grande do corpo humano.[2]
Vea cava superior: está por riba do corazón, e fórmase dunha converxencia das veas braquiocefálicas esquerda e dereita, que conteñen sangue procedente da cabeza e brazos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ vena cava Arquivado 15 de outubro de 2013 en Wayback Machine.. Dictionary.com. Consultado o 19 de setembro de 2013.
- ↑ What is the largest vein in the human body?. MadSci Network: Anatomy. Consultado o 19 de setembro de 2013.