Saltar ao contido

Vasubandhu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVasubandhu

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(sa) वसुबन्भु Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo III Editar o valor en Wikidata
Peshawar () Editar o valor en Wikidata
Morteséculo IV Editar o valor en Wikidata
Patriarca do zen

← Jayata (en) TraducirManorhita (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónBudismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofo, escritor, bhikkhu Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século IV Editar o valor en Wikidata)
ProfesoresPenchen Mi Wang Ga (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosLobpön Gangwa Pel (en) Traducir, Sthiramati (en) Traducir, Dignāga (pt) Traducir, Drachompa Chö Kyob (en) Traducir e Arya Vimuktisena (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsAsanga Editar o valor en Wikidata

Vasubandhu (en sánscrito: वसुबन्धु; en chinés: 世親; en pinyin Shìqīn; en Wylie dbyig gnyen), nado en Purusapura e que viviu nos séculos IV e V, foi un influente monxe budista e estudoso de Gandhara. Foi un filósofo que escribiu comentarios sobre o Abhidharma dende as perspectivas das escolas Sarvastivada e Sautrāntika. Trala súa conversión ao budismo mahayana xunto co seu medio irmán, Asanga, foi un dos principais fundadores da escola Yogacara.

O Abhidharmakośakārikā ("Comentario sobre a Antoloxía do Abhidharma") de Vasubandhu é moi empregado no budismo tibetano e do leste de Asia como a principal fonte para a filosofía Abhidharma non Mahayana. O traballo filosófico describiu os estándares da metafísica yogacara de "so aparencia" (vijñapti-mātra), que foi descrito como forma de "idealismo epistemolóxico", fenomenoloxía[1] e próximo ao idealismo transcendental de Immanuel Kant.[2] Ademais deste, escribiu varios comentarios, obras sobre lóxica, argumentacións e poesía devota.

Vasubandhu é un dos pensadores máis importantes da tradición filosófica budista india. No Jōdo Shinshū, está considerado o Segundo Patriarca; no budismo Chan, é o 21.º Patriarca.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Purusapura, Vasubandhu era medio irmán de Asanga, outra personaxe clave na fundación da filosofía yogacara. O nome de Vasubandhu significa "o parente da abundancia".[3] El e Asanga son membros dos "Seis Ornamenots"[4] ou os seis grandes comentaristas das ensinanzas do Buda. Era contemporáneo de Chandragupta I, pai de Samudragupta, o que sitúa a Vasubandhu no século IV.[5] A primeira biografía de Vasubandhu foi traducida ao chinés por Paramärtha (499-569).[6]

Vasubandhu inicialmente estudo coa escola budista Sarvastivada (tamén chamada Vaibhāṣika, que defendía o Mahavibhasa) que era a dominante en Gandhara, e posteriormente marchou a Caxemira a estudar cos líderes da rama da Sarvastivada ortodoxa.[7] Tras volvera á casa, deu clases sobre Abhidharma e compuxo o Abhidharmakośakārikā ("Versos sobre a Antoloxía do Abhidharma"), destilación en verso sobre as ensinanzas do Sarvastivada Abhidharma, que foi unha análise de todos os factores da experiencia nos seus dharmas. Non obstante, Vasubandhu tamén comezou a cuestionar a ortodoxia durante algún tempo, e estudara co mestre Sautantrika, Manoratha. Debido a isto, publicou un comentario sobre os seus propios versos, criticando o sistema Sarvastivada dende un punto de vista Sautrāntika (tamén chamado Dārṣtāntika).[2]

Dise que logo se converteu ás crenzas do mahayana pola influencia do seu irmán Asanga, tralo que compuxo numerosos tratados, especialmente sobre a doutrina do Yogacara e os sutras mahayana. Os máis influentes na tradición budista de Asia oriental foron o Vimśatikāvijñaptimātratāsiddhi, os "Vinte Versos sobre a Soa Consciencia", cos seus comentarios (Viṃśatikāvṛtti), o Triṃśikā-vijñaptimātratā, os "Trinta Versos sobre a soa Consciencia"" e o Trisvabhāvanirdeśa. Vasubandhu tamén escribiu un texto sobre hermenéutica budista, o Vyākhyāyukti. Vasubandhu converteuse así nun importante mestre e estudo mahayana, vencendo os filósofos samkhya en debates fronte ao rei gupta Vikramaditya (identificado en ocasións como Chandragupta II[8] ou Skandagupta[9]) en Ayodhya, que se di que o recompensou con 300 000 pezas de ouro.[10] Vasubandhu empregou os cartos que recibiu para construír mostrios budistas e hospitais.

  1. Lusthaus, Dan (2002). Buddhist Phenomenology: A Philosophical Investigation of Yogācāra Philosophy and the Ch’eng Wei-shih lun. Nova York: Routledge. 
  2. 2,0 2,1 Gold, Jonathan C. (2015). ""Vasubandhu"". En Zalta, Edward N. The Stanford Encyclopedia of Philosophy. 
  3. Anacker, Stefan (2015). Seven Works of Vasubandhu, the Buddhist Psychological Doctor. Motilal Banarsidass. p. 13. ISBN 978-8120802032. 
  4. http://www.rigpawiki.org/index.php?title=Six_Ornaments
  5. Dharma Fellowship (2005). Yogacara Theory - Part One: Background History. Source: [1] Arquivado 20 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. (consultado: 15 de novembro de 2007)
  6. Takakusu, J., trad. (1904). The Life of Vasubandhu por Paramartha, T'oung-pao 5, 269 - 296
  7. Lusthaus, Dan; Vasubandhu
  8. Goyala, Śrīrāma (1 de agosto de 1992). Reappraising Gupta History: For S.R. Goyal. Aditya Prakashan. p. 123. ISBN 978-81-85179-78-0. 
  9. Bakker, Hans T. (1984). Ayodhya. Institute of Indian Studies, University of Groningen. p. 31. OCLC 769116023. 
  10. Anacker, Stefan (2015). Seven Works of Vasubandhu, the Buddhist Psychological Doctor. Motilal Banarsidass. p. 21. ISBN 978-8120802032. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • David J. Kalupahana, The Principles of Buddhist Psychology, State University of New York Press, Albany, 1987, pp 173–192.
  • Francis H. Cook, Three Texts on Consciousness Only, Numata Center for Buddhist Translation and Research, Berkeley, 1999, pp 371–383 ("Thirty Verses on Consciousness Only") and pp 385–408 ("Twenty Verses on Consciousness Only")
  • Erich Frauwallner, The Philosophy of Buddhism, Motilal Banarsidass, Delhi, 2010 [1956].
  • Li Rongxi, Albert A. Dalia (2002). The Lives of Great Monks and Nuns, Berkeley CA: Numata Center for Translation and Research
  • Thich Nhat Hanh Transformation at the Base (subtitle) Fifty Verses on the Nature of Consciousness, Parallax Press, Berkeley, 2001; inspired in part by Vasubandhu and his Twenty Verses and Thirty Verses texts
  • Kochumuttom, Thomas (1982). A Buddhist Doctrine of Experience: A New Translation and Interpretation of the Works of Vasubandhu the Yogacarin. Delhi: Motilal Banarsidass

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]