Vasili Mishin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVasili Mishin
Nome orixinal(ru) Василий Павлович Мишин Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xaneiro de 1917 Editar o valor em Wikidata
Byvalin (Imperio Ruso) Editar o valor em Wikidata
Morte10 de outubro de 2001 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Troyekurovskoye (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaUnión Soviética Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeRusia
República Socialista Soviética Federativa de Rusia
Imperio Ruso
Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto de Aviação de Moscou (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoRocket science (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncientífico , enxeñeiro de deseño Editar o valor em Wikidata
EmpregadorInstituto de Aviação de Moscou (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Premios

Vasili Pavlovich Mishin (en ruso, Васи́лий Па́влович Ми́шин), nado o 18 de xaneiro de 1917 e finado o 10 de outubro de 2001, foi un enxeñeiro que traballou no programa espacial soviético.[1][2]

Biografía[editar | editar a fonte]

Mishin graduouse como enxeñeiro no Instituto de Aviación de Moscova en 1941. Comezou a súa carreira na enxeñaría astronáutica traballando no instituto de investigación NII-1, o primeiro instituto do mundo orientado á investigación sobre foguetes. Mishin formou parte do grupo de enxeñeiros do NII-1 que viaxou a Alemaña ao final da segunda guerra mundial para estudar os mísiles V-2 usados polos nazis e entrevistar aos enxeñeiros alemás que traballaron sobre eles. Foi en Alemaña onde fixo amizade con outro enxeñeiro do NII-1, Sergei Koroliov, que acabaría sendo o fundador do programa espacial soviético a través da formación da oficina de deseño OKB-1 en 1946 e da que Mishin sería director adxunto ao lado de Koroliov.[1][2]

Mishin supervisou e axudou a desenvolver varios mísiles e foguetes, entre eles o R-7, que acabaría sendo o foguete que enviaría ao Sputnik 1 ao espazo o 4 de outubro de 1957, o primeiro satélite artificial da Historia, e que acabaría dando lugar á familia de lanzadores orbitais Soiuz. A principios dos anos 1960 Mishin foi clave no desenvolvemento do foguete pesado N1, no que Koroliov basearía o a súa estratexia de programa lunar. Koroliov faleceu inesperadamente en 1966, co que Mishin quedou á fronte do proxecto, xa entón cheo de problemas técnicos e carente da financiamento adecuado. A pesar dos seus esforzos, tódalas probas co N1 finalizaron en fracaso. Sumado aos problemas iniciais coas primeiras cápsulas Soiuz, incluído o falecemento de catro cosmonautas, Mishin foi apartado do seu posto en 1974, sendo substituído por Valentin Glushko, que finalizou os esforzos por poñer un cosmonauta soviético na Lúa.[1][2]

Mishin adicouse a dar clases no Instituto de Aviación de Moscova. Finou o 10 de outubro de 2001, sendo enterrado no cemeterio Traekurovskoe en Moscova.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Mark Wade (2023). "Mishin, Vasili Pavlovich" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Russian Space Web, ed. (2023). "PEOPLE: Mishin" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]