Vanessa Veiga
Vanessa Veiga | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 20 de xullo de 1979 |
Gondomar | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | maratoniana |
Cónxuxe | Julio Rey de Paz |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Vanessa Veiga Comesaña, nada en Gondomar o 10 de xullo de 1979, é unha atleta galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Especializada en cross e no medio fondo, como atleta en categoría júnior xa participara nos Mundiais de cross de 1998 en Marrakech, onde finalizara no posto 35º da categoría júnior[1]. Aínda adestrando en Vigo pertencía ao club Valencia Terra i Mar. En 2003 deixou o atletismo para dedicarse á súa familia e ter tres fillos.
En 2010 regresou á práctica atlética, desta vez orientada ao gran fondo e clasificouse de 11ª no campionato de España de cross. En 2011 converteuse na campioa de España de medio-maratón, e logo de maratón ese mesmo ano en Castelló e conseguiu a marca mínima para participar nos Xogos de Londres.
O seu primeiro adestrador foi Alfonso Ortega, mentres que o actual é Julio V. Rey del Arco, que ademais é o seu sogro. O seu club en 2011 era o zaragozano Club Atletismo Adidas.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Está casada co tamén fondista español Julio Rey.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Resultados Arquivado 29 de outubro de 2013 en Wayback Machine., web do Campionato.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vanessa Veiga ![]() |