Saltar ao contido

CB Sant Josep

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Valvi Girona»)
Sant Josep Girona
Información xeral
Fundación 1962
Desaparición 2013
Historia CB Sant Josep (1962−1989)
Club Bàsquet Girona (1989−2008)
Presidente Francesc Ferroni (último)
Localización
Cidade España Xirona, España
Pavillón Palau Girona-Fontajau
Capacidade 5 049
Inauguración 4 de setembro de 1993
Campionatos
EuroChallenge 1 (1999)
Para o actual equipo de LEB Ouro, véxase Bàsquet Girona.

O Club Bàsquet Sant Josep foi un club profesional de baloncesto da cidade de Xirona (Cataluña). Fundado en 1962, en 1989 a entidade converteuse en Sociedade Anónima Deportiva (SAD) e adoptou o nome de Club Bàsquet Girona. Entre 1987 e 2008 competiu na Liga ACB. Após a finalización da temporada 2007−2008, a súa mala situación económica levou á disolución da SAD e a anunciar que o club se ía a dedicar exclusivamente á potenciación do baloncesto base.[1]

Con todo, tras unhas rápidas negociacións, e a pesar de que o prazo xa concluíra, a Federación Española de Baloncesto permitiu que o equipo se inscribise, recuperando novamente a súa denominación orixinal de Club Bàsquet Sant Josep, na LEB Bronce para a temporada 2008−2009.[2] Na temporada 2009−10 consegue praza na LEB Ouro tras comprar a praza do CB Vic. Con todo, tan só se mantén tres anos na categoría. En abril de 2013 o club anuncia a súa disolución por mor de problemas económicos.

O Sant Josep foi fundado en 1962 por Ramon Sitjà. En 1987, coa ampliación da Liga ACB a 24 equipos, o club chega por vez primeira á elite do baloncesto español. Un dos requisitos para participar na máxima categoría era a conversión en Sociedade Anónima Deportiva (SAD), proceso que culminou en 1989 en onde adoptou o nome de Club Bàsquet Girona. Na temporada 1988−89, o club queda no posto 23º e descende. Porén, compra a praza vacante que aparece na ACB após a fusión do Cacaolat Granollers e o Grupo IFA Español. Esta compra de praza supuña tamén unha praza na Copa Korać, producíndose así o debut europeo do club despois dun descenso.

Tras varios anos de loitas pola permanencia, na temporada 2005−06 chega ao club a inmobiliaria Akasbayu. Co novo patrocinador chegan ao club xogadores como Raül López, Fran Vázquez, Roberto Dueñas, Arriel McDonald, Dainius Šalenga ou Samoh Udrih. Coas novas fichaxes o club acada a 7ª posición, a cal era até o momento a súa mellor clasificación na historia. Na seguinte temporada o club suma ao seu elenco a Marc Gasol, Gregor Fučka e Bootsy Thornton. Isto leva ao club a acadar a 5ª posición en ACB e a gañar o EuroChallenge. Con todo, o 25 de xullo de 2008 o club anuncia que non pode facer fronte a unha débeda xerada de 6,5 millóns de euros e disolve a Sociedade Anónima Deportiva.

Na seguinte temporada o club adopta o seu nome orixinal, CB Sant Josep e consegue o permiso da Federación Española de Baloncesto para disputar a LEB Bronce, cuarta categoría do baloncesto español. Na seguinte temporada o club compra unha praza na LEB Ouro, segunda categoría, onde permanece tres temporadas. Na última temporada en LEB, 2012, o club anuncia que non pode facer fronte ao pago das nóminas e en 2013 anuncia a súa disolución definitiva.[3]

Patrocinios

[editar | editar a fonte]

Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:

  • Valvi Girona (1987−1998)
  • Girona Gavis (1998−1999)
  • Casademont Girona (1999−2005)
  • Akasvayu Girona (2005−2008)
  • Sant Josep Girona (2008−2010)
  • Girona FC (2010−2012)
  • Sant Josep Girona (2012−2013)

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Destacados

[editar | editar a fonte]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

FIBA EuroChallenge

  • Campións (1): 2007

Liga Catalá

  • Campións (2): 1996, 2006
  • Subcampións (1): 2007

Historial

[editar | editar a fonte]
Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas Competicións europeas
1983–84 3 2ª Div.
1984–85 3 2ª Div. 10º
1985–86 3 2ª Div.
1986–87 2 1ª Div. B 12º 16–18
1987–88 2 1ª Div. B 28–16
1988–89 1 ACB 23º 17–27 Oitavos de final
1989–90 1 ACB 18º 18–21 Cuartos de final 3 Copa Korać 2R 3–1
1990–91 1 ACB 20–20
1991–92 1 ACB 13º 19–22 Cuartos de final
1992–93 1 ACB 16º 12–21 Primeira rolda
1993–94 1 ACB 17º 12–20 Segunda rolda
1994–95 1 ACB 17º 18–25
1995–96 1 ACB 11º 19–19
1996–97 1 ACB 14º 14–20
1997–98 1 ACB 12º 14–20
1998–99 1 ACB 18–19
1999–00 1 ACB 10º 16–18 3 Copa Korać SF 11–1–2
2000–01 1 ACB 15–19 3 Copa Korać 2R 0–2
2001–02 1 ACB 11º 17–17
2002–03 1 ACB 15º 12–22
2003–04 1 ACB 13º 15–19
2004–05 1 ACB 16º 11–23
2005–06 1 ACB 19–19 Cuartos de final
2006–07 1 ACB 22–16 Cuartos de final 3 EuroChallenge 16–1
2007–08 1 ACB 22–15 Cuartos de final 2 Copa ULEB 12–5
2008–09 4 LEB Bronce 12º 13–17
2009–10 2 LEB Ouro 19–20
2010–11 2 LEB Ouro 23–19
2011–12 2 LEB Ouro 12º 16–18
2012–13 4 EBA 10º 15–15
  1. "Se disuelve y quedará la base". El Diario Vasco. 26 de xullo de 2008. 
  2. "Ilustres veteranos para o rexurdir do CB Girona". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2008. Consultado o 29 de maio de 2010. 
  3. "El Sant Josep tanca la parada". Diari de Girona (en catalán). 2013-04-23. Consultado o 2022-03-22. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]