Valamiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaValamiro
Biografía
Nacementoc. 420 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Pannonia, Roma Antiga (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Mortec. 465 Editar o valor em Wikidata (44/45 anos)
Pannonia, Roma Antiga Editar o valor em Wikidata
Causa da morteCaída de cabalo Editar o valor em Wikidata
Rei dos ostrogodos
447 – 465
← VandalarioTeodomiro → Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaAmalos Editar o valor em Wikidata
PaiVandalario Editar o valor em Wikidata
IrmánsVidemiro e Teodomiro Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Ostrogoths-39

Valamiro ou Valamir, nado no 420 e finado no 465, foi rei dos ostrogodos, da dinastía dos Amalos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de Vandalario e sobriño do rei visigodo Turismundo. Como vasalo de Atila participou nas conquistas das terras romanas do Danubio. Nunha destas rexións, a Panonia, instalouse en 447. Participou ao lado de Atila na batalla dos Campos Cataláunicos, pero a derrota convenceuno para rebelarse contra os hunos. Coa morte de Atila en 453 converteuse no rei dos godos instalados na Panonia, título e poder que compartiu cos seus irmáns Teodomiro e Videmiro. Un ano despois (454), venceron aos hunos na Batalla de Nedao, converténdose nun reino independente.

Unha disputa concernente a uns impostos anuais levou a Valamiro a dirixir un exército de godos contra Constantinopla (459462), onde o emperador bizantino León I lle prometeu un pago anual en ouro para satisfacelo. No transcurso dunha razzia contra os esciros, Valamiro caeu do cabalo e morreu (465). A través do seu irmán Teodomiro era tío de Teodorico I o Grande.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]