Val do Nansa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Situación do val do Nansa en Cantabria.

O val do Nansa está situado entre os vales de Liébana e Saja, en Cantabria. Está limitado pola Serra do Escudo ao norte e a Serra de Peña Labra polo sur.

Polo val do Nansa circula o río Nansa que polo seu carácter torrencial e erosivo, especialmente na súa cabeceira, forma ladeiras de pendentes acusadas. A zona presenta unha gran calidade paisaxística, polas súas características topográficas de altos cumes, amplos bosques autóctonos, sobre todo de carballo (Quercus robur) e faias, e escasa densidade de poboación dedicada na súa maioría á gandería (sector primario).

Os municipios localizados no val do Nansa son os seguintes: Lamasón, Rionansa, Tudanca, Polaciones, unha parte do municipio Cabuérniga correspondente á localidade de Carmona, Herrerías e Valle de San Vicente.

Durante a Baixa Idade Media e o Antigo Réxime esta zona pertenceu aos señoríos da casa dos marqueses de Aguilar de Campoo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]