Víctor Trabazo Serapio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVíctor Trabazo Serapio
Biografía
Nacemento23 de marzo de 1896 Editar o valor em Wikidata
Meaño, España Editar o valor em Wikidata
Morte1936 Editar o valor em Wikidata (39/40 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsVirgilio Trabazo Serapio Editar o valor em Wikidata

Víctor Trabazo Serapio de Figueroa, nado en Meaño o 23 de marzo de 1896[1] e finado en 1936, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mestre, foi responsable da escola infantil da confraría da Illa de Arousa dende 1926.[2] En 1927 foi destinado á escola de Covas (Montederramo).[3] Dende 1929 foi mestre na escola de Xil en Meaño. Foi elixido presidente do Centro Republicano de Meaño en febreiro de 1931.[4] Militante do PSOE e da UGT, foi secretario do Centro Socialista de Meaño. Foi militante da Asociación de Traballadores do Ensino de Vigo. Alcalde de Meaño. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse na casa dun amigo da familia na Arousa. Topárono e foi detido. Paseado, o seu cadáver nunca apareceu.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Casilda Nine Fernández, irmá de Segundo Nine Fernández.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 86. 
  2. El Correo Gallego, 15-12-1926, p. 4.
  3. El Progreso, 12-7-1927, p. 2.
  4. El Pueblo Gallego, 27-2-1931, p. 8.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fajardo, Montse. "A herdanza que nunca roubou o fascismo". Nós, 10-1-2020, p. 26.
  • Salgado, Fernando; Otero, Juan (2022). Papel de estraza. Concello da Illa de Arousa. ISBN 978-84-940825-4-2. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]