Víctor Espasandín
Espasandin | |||
---|---|---|---|
| |||
Información persoal | |||
Nome | Víctor Manuel Espasandín Facal | ||
Nacemento |
16 de marzo de 1985 (38 anos) | ||
Lugar de nacemento | Santa Comba | ||
Altura | 1,76 | ||
Posición | Defensa | ||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Víctor Manuel Espasandín Facal, nado en Santa Comba, A Coruña, o 16 de marzo de 1985, coñecido deportivamente como Espasandín é un futbolista español, que actúa como defensa no AC Omonia da Primeira División Chipriota.
Historial[editar | editar a fonte]
Espasandín formouse nas categorías inferiores do SD Compostela, onde militou até categoría xuvenil. Entón fichouno o Real Valladolid, militando no seu equipo filial, o Valladolid B, onde tivo un alto rendemento, o que lle levou a ser convocado polo primeiro equipo.[1] A tempada 2006/07 foi cedido á SD Ponferradina para xogar en Segunda División.
O verán de 2007, o Valladolid traspasouno ao FC Barcelona, que o incorporou ao seu segundo equipo, o Barcelona B, adestrado por Pep Guardiola, e que logrou o ascenso a Segunda División B.[2]
O 9 de febreiro de 2008 foi convocado por primeira vez polo primeiro equipo do FC Barcelona por Frank Rijkaard para a disputa do encontro de Liga de Primeira División contra o Sevilla FC, aínda que non chegou a xogar.[3]
Durante o verán de 2009 foi un dos 11 xogadores do filial elixidos por Guardiola para realizar a pretemporada en Londres co primeiro equipo.[4]
Ao finalizar o seu contrato co equipo barcelonés, o 30 de xuño de 2010, fichou polo AC Omonia, campión da Primeira División de Chipre.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ O Norte de Castela: Víctor Espasandín perfílase como titular polas baixas na defensa.
- ↑ "FC Barcelona.com: Dúas novas fichaxes no Barça B.". Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2008. Consultado o 12 de marzo de 2011.
- ↑ La Voz de Galicia: O mozo galego Víctor Espasandín entra na convocatoria do Barcelona para xogar en Sevilla.
- ↑ "Lukor: Guardiola leva a Londres a 28 xogadores, entre eles 11 canteiráns.". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2009. Consultado o 12 de marzo de 2011.
- ↑ Sport «Roda e Espasandín xogarán no Omonia de Chipre» Consultado o 15 de agosto de 2010.
- Nados en 1985
- Nados en Santa Comba
- Futbolistas da provincia da Coruña
- Defensas de fútbol
- Xogadores do Real Valladolid B
- Xogadores do Real Valladolid
- Xogadores da SD Ponferradina
- Xogadores do FC Barcelona B
- Xogadores do AC Omonia
- Xogadores do Montañeros CF
- Xogadores do CE Sabadell
- Xogadores do CF Pobla de Mafumet