Real Valladolid Club de Fútbol Promesas
Real Valladolid Promesas | |||
---|---|---|---|
Nome | Real Valladolid Club de Fútbol Promesas | ||
Alcume(s) | Pucela, Blanquivioletas, Albivioletas | ||
Fundación | 1944 | ||
Estadio | Anexos ao Estadio José Zorrilla, Valladolid, España | ||
Inauguración | 1988 | ||
Capacidade | 1.500 | ||
Presidente | Carlos Suárez Sureda | ||
Adestrador | Rubén de la Barrera | ||
Liga | 2ªB – Grupo 2 | ||
2018–19 | 11º | ||
Na rede | |||
http://www.realvalladolid.es | |||
| |||
O Real Valladolid Club de Fútbol Promesas é un equipo de fútbol español da cidade de Valladolid, filial do Real Valladolid. Actualmente compite na Segunda División B.
Historia
[editar | editar a fonte]Nomes do equipo:
- Recreativo Europa Delicias (1942–1973)
- Real Valladolid Promesas (1973–1990)
- Real Valladolid B (1990–2019)
- Real Valladolid Promesas (2019–presente)
Estadio
[editar | editar a fonte]O Real Valladolid B disputa habitualmente os seus partidos nos Campos Anexos ao Estadio José Zorrilla, con capacidade para 1.500 espectadores. Os partidos máis importantes xógaos no Nuevo José Zorrilla, con capacidade para 26.512 espectadores. Inaugurado en 1988 e a poucos metros do Estadio José Zorrilla, contén un campo de herba natural, máis dous de herba artificial, inaugurados en 2001.
No estadio anexo, á parte de ser a sede principal dos partidos do Real Valladolid Promesas, tamén serve como campo de adestramento do Real Valladolid, ademais de albergar os partidos de todas as categorías inferiores do Real Valladolid.
Ademais, tamén serve como sede para a fase local da Copa Coca Cola.
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 0
- Tempadas en 2ªB: 19 (Incluída a 2019/20)
- Tempadas en 3ª: 42
- Mellor posto na liga: 5º (2ªB tempada 1996/97)
- Posto na clasificación histórica de filiais: 19º
Xogadores destacados
[editar | editar a fonte]- Benjamín Zarandona
- Sergio Asenjo
- Rubén Baraja
- Carlos Calvo
- Jacobo
- Xavi Moré
- Onésimo
- Óscar
- César Sánchez
- Jesús Turiel
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Terceira División (7): 1954-55, 1980-81, 1981-82, 1982-83, 1990-91, 2011-12, 2013-14
- Subcampión da Terceira División (5): 1961-62, 1987-88, 1989-90, 2000-01, 2009-10