Uwem Akpan
(2009) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 19 de maio de 1971 Nixeria |
| Relixión | Catolicismo |
| Educación | Universidade de Míchigan Creighton University (en) The Catholic University of Eastern Africa (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor |
| Orde relixiosa | Compañía de Xesús |
| Sitio web | uwemakpan.com |
Uwem Akpan, nado o 19 de maio de 1971, é un escritor nixeriano. É o autor de Say You're One of Them (2008), unha colección de cinco historias (cada unha delas ambientada nun país africano diferente) publicadas por Little, Brown & Company. Gañou o premio "Commonwealth Writers", o premio "Beyond Margins", e foi incluído no segmento "Book Club" do programa The Oprah Winfrey Show o 17 de setembro de 2009.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Uwem Akpan naceu en Ikot Akpan Eda, no sur de Nixeria. Os seus pais eran ambos mestres. El e os seus tres irmáns medraron falando inglés e anaang. Despois de estudar humanidades e filosofía na Universidade Creighton e na Universidade Gonzaga, conseguiu un grao en teoloxía na Universidade Catóica do Leste de África en Kenya. Uwem tamén é graduado pola Universidade de Míchigan.
Obras
[editar | editar a fonte]- Say You're One of Them (Hachette, 2008)
- Antes de ir a Gabón (Intermón Oxfam Editorial)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)