Say You're One of Them

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Say You're One of Them
Título orixinalSay You're One of Them
Autor/aUwem Akpan
OrixeNixeria Nixeria
LinguaInglés
Xénero(s)Historias curtas
EditorialAbacus
Data de pub.2008
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas294
ISBNISBN 9780349120638
editar datos en Wikidata ]

Say You're One of Them é unha colección de historias curtas escritas polo nixeriano Uwem Akpan, que foi publicada en 2008. Contén cinco historias, cada unha ambientada nun país africano diferente. Esta colección gañou o Premio Commonwealth Writers de 2009 (rexión de África) e o Premio Beyond Margins de 2009.

Stories[editar | editar a fonte]

  • "An Ex-Mas Feast": conta a historia dende o punto de vista dun neno dos suburbios de Nairobi. O neno dálle pegamento para que súa nai o nifre, e así calmar a fame, mentres que a súa irmá de doce anos traballa como prostituta e contempla abandonar a súa familia.[1]
  • "Fattening for Gabon": é unha relato sobre un neno de 10 anos e a súa irmá máis nova cuxos pais morreron por mor da SIDA. Nun principio, estaban felices por ser acollidos polo seu tío, mais o neno comeza a decatarse pouco a pouco que el e a súa irmá van a ser vendidos para a escravitude. O pago por eles dous, unha moto nova, xa lle foi dado ó tío e o trato xa non pode ser cancelado.[2]
  • "My Parents’ Bedroom": ambientado en Ruanda e escrito en primeira persoa, conta a historia dunha nena que se agocha no teito do cuarto dos seus pais mentres que os adultos da súa vila e de zonas veciñas toman parte nunha brutal matanza.
  • "Luxurious Hearses": conta a historia dun rapaz musulmán de Nixeria, disfrazado de cristián, que trata de chegar a unha área segura en medio de disturbios masivos entre membros das dúas relixións.[3]
  • "What Language is That?": é a historia de dúas nenas de Etiopía, unha cristiá e outra musulmá, que son obrigadas a desfacer a súa amizade por mor da tensión relixiosa da súa comunidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Maureen Corrigan, "Unflinching Evil in 'Say You're One of Them'", NPR Books, 19 de xuño de 2008.
  2. Aminatta Forna, "Fault lines", The Guardian, 5 de xullo de 2008.
  3. Charles Taylor, "Can I Get a Witness?", The New York Times, 27 de xullo de 2008.