Ferramenta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Utensilio")
Ferramentas dun obradoiro

Unha ferramenta ou trebello é un utensilio elaborado coa fin de facilitar a realización dunha tarefa que require unha aplicación correcta de enerxía. Así mesmo, cando a ferramenta está destinada á labranza coñécese co nome de apeiro ou aveño.

As ferramentas teñen unha función técnica. Moitas, pero non todas, son combinacións de máquinas simples que proporcionan unha vantaxe mecánica. Poden ser manuais ou mecánicas, facendo uso no primeiro caso da forza muscular humana namentres que as cualificadas como mecánicas usan unha fonte de enerxía externa, por exemplo a enerxía eléctrica.

Algunhas ferramentas[editar | editar a fonte]