Usuario:Lmbuga/Avisos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvida[editar | editar a fonte]

{| class="toccolours" cellpadding="3" cellspacing="0" style="float:right; margin:5px; border:1px solid; background:#E2F2D2"

| style="border-bottom:3px solid;" align="center" | '''Para contactar comigo'''

Para contactar comigo, fai click na

palabra Galipedia da miña sinatura.

Fai click despois na pestana editar

da ventá que se abre. Escribe ó final

da páxina e, cando remates, asina (fai

click no penúltimo botón da barra que

está encima da caixa de edición, o que

ten unha sinatura como debuxo).
*[[User:Lmbuga|Lmbuga]] [[User talk:Lmbuga| Galipedia]]
|} Benvido á Galipedia '''{{PAGENAME}}''': esta é a túa páxina de discusión, que che servirá para recibir mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa '''[[User:{{PAGENAME}}|páxina de usuario]]''', onde podes poñer os teus datos, intereses, etc. Grazas por colaborar connosco, a túa axuda é especialmente importante. Non dubides en contactar comigo para calquera cousa que desexes: estou á túa disposición.
A continuación inclúo o texto que di como está organizado o proxecto Galipedia. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe
:*[[s:|Wikisource]] para textos orixinais,
:*o [[wikt:|Galizionario]] para entradas de dicionario,
:*[[q:|Galicitas]] para citas textuais e
:*[[b:|Galilibros]] para a publicación de libros.
:*Tamén hai unha extensión da comunidade galega en [[commons:Portada galega|Commons]] —un reservatario de imaxes común a todos wikis—.
Podes [[Wikipedia:Como contactar con outros usuarios|establecer contacto]] cos outros usuarios nas diversas seccións da [[Wikipedia:A Taberna|Taberna]] ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en [[Wikipedia:Axuda]], [[Wikipedia:Política e normas]] e no [[Wikipedia:Portal da comunidade|Portal da comunidade]]. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes.--~~~~

Benvida 2[editar | editar a fonte]

Benvida/o á Galipedia '''{{PAGENAME}}'''. Grazas por colaborares connosco. Non dubides en [[Wikipedia:Como contactar con outros usuarios|contactar comigo]] para calquera cousa que desexes: estou á túa disposición. Un cordial saúdo --~~~~

Outra benvida[editar | editar a fonte]

Grazas pola túa colaboración '''{{PAGENAME}}'''. Cando desexes ou precises, sexa cal sexa o motivo, non dubides en [[Wikipedia:Como contactar con outros usuarios|poñerte en contacto comigo]].

Ademais da Galipedia (Wikipedia galega) este proxecto achega ós usuarios outras alternativas de colaboración e/ou información:

*[http://commons.wikimedia.org/wiki/Category:Galicia_%28Spain%29 Commons], depósito compartido de imaxes, música e sons (máis de millón e medio de imaxes que permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial). Repara en [http://commons.wikimedia.org/wiki/Category:Galicia_%28Spain%29 Category:Galicia]. Se desexas subir fotos a Commons, dado que precisa dunha mínima, pero importante, aprendizaxe, ponte en contacto comigo: eu guiareite para que non teñas problemas.
*[http://gl.wikibooks.org/wiki/Portada Galilibros]. Textos de carácter variado realizados polos usuarios co carácter didáctico e multidisciplinar.
*[http://gl.wikibooks.org/wiki/Image:Wiktionary-logo-gl.png Galizionario]. Dicionario galego
*[http://gl.wikiquote.org/wiki/Portada Wikiquote]. Colección de citas.

Grazas pola túa presenza. Un cordial saúdo--~~~~

Contacta comigo[editar | editar a fonte]

Para contactar comigo:
::*fai click na palabra '''Galipedia''' da miña sinatura.
::*edita a páxina que se che abre, premendo na pestana editar
::*Escribe ó final da páxina
::*Na parte superior de tódalas caixas de edición (o espazo en que se escribe) hai unha barra de botóns. Cando acabes de escribir, fai click no penúltimo para asinar, aparecerá o texto <nowiki>--~~~~</nowiki>, que se transformará ó gardar na túa sinatura.

Problemas de licenza e orixe[editar | editar a fonte]

==Problemas con [[:]]==
Ola '''{{PAGENAME}}''', grazas por subir e compartir con nós esta imaxe. Hai un problema con ela.

Tódalas imaxes que se suban a esta wiki teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Ademais tódolos arquivos deben de ter dous datos expresos: a licenza ou copyright e a orixe ou source.

===A orixe===
A orixe ou fonte da imaxe é un dato que indica de onde foi tirada a imaxe e que serve para comprobar que a licenza é correcta. A orixe colocarase ben en forma de ligazón a unha páxina web, ben incluíndo os datos dun libro (dito libro ou dita imaxe ten que estar no dominio público) ou indicando que é unha fotografía tomada por ti.

É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte se debe a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do [http://www.wipo.int/treaties/es/ip/berne/pdf/trtdocs_wo001.pdf Convenio de Berna]), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten copyright, e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos de aqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público y permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámos a Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con copyright) ten tamén copyright e non se pode subir (Véxase [[:Commons:Commons:Obras derivadas]])

A moitos usuarios lles sorprende o celo que procuramos ter coas imaxes para non atentar contra os dereitos de autor. Pensa que é crucial para a estabilidade do proxecto pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público.

===A licenza===
Se accedes á túa imaxe, observarás que está marcada para ser eliminada por falta de datos (se incorporas os datos podes eliminar as marcas de borrado). Como che dicía, os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza ou copyright e a orixe ou source.

A licenza escríbese nos datos da imaxe entre dobres parénteses (por exemplo <nowiki>{{GFDL}}</nowiki>). Tes unha relación de licencias en [[Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe]]. Nesa páxina, verás unha táboa con tres columnas. A columna do medio indica o xeito de escribirse a licenza na Galipedia. A columna da esquerda ten unha ligazón que serve para ver a licenza que se coloca na imaxe, facendo click sobre unha das ligazóns que aparecen verás o que significa cada licenza.

Non só se poden subir imaxes á Galipedia. Tamén se poden subir a [[:Commons:Portada galega|Commons]] (En commons só se pode subir fotos e material multimedia). A terceira columna indica a denominación das licenzas en Commons. As imaxes subidas a Commons incorpóranse ós artigos do mesmo xeito cás subidas á Galipedia, pero poden empregarse tamén nas wikipedias noutras linguas.

En Commons (hai unhas 800.000 fotos) poderás encontrar imaxes que están no dominio libre (permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial) para colocar nos artigos da Galipedia ou nos teus traballos. Levamos xa un tempo traballando na [[:Commons:Category:Galicia|Categoría Galicia]], pero por desgraza aínda temos poucas fotos dos concellos galegos.

===¿Como incorporar os datos ás imaxes?===
¿Cómo incluír eses datos cuando vas subir unha imaxe?

No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Summary. Podes poñer aí os datos e así no tes que editar despois a foto.

'''¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?'''

::* Accede á foto.
::* Una vez que accediches, hai click na pestana editar que está na parte superior.
::* Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses: <nowiki>{{PD-self}}, {{GFDL-self}}</nowiki>
::* Garda la página

Conta comigo para o que necesites. Un cordial saúdo. --~~~~

Categorías[editar | editar a fonte]

Engadín a etiqueta <nowiki>[[Category:futbolistas]]</nowiki> á Páxina [[Míchel Salgado]] para que o artigo se incorpore ó listado da categoría [[:Category:futbolistas]]

Táboa cos datos identificadores da imaxe[editar | editar a fonte]

{| id="toc" style="margin: 0em 0em 0em 0em; "
|[[Image:Copyleft symbol.png|20px]] - '''http://gl.wikipedia.org/wiki/Image:substituír_polo_nome_da_imaxe.png (os espazos escríbense con _ )
:Orixe/''Source'': feita por min (self made)
:Autor/''Author'': http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=User:nome do usuario
:Copyright: Cc-by-sa-2.1-es
:Publicada por/''Publish by'':http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=User:nome do usuario
:Data/''Date'':engade a data
:Outros datos/''Other data'': Breve comentario sobre o motivo da foto

{{Cc-by-sa-2.1-es}}

Sen licenza[editar | editar a fonte]

==A imaxe [[:]] podería ser borrada==
Ola [[User:|]]. Se accedes á túa imaxe, observarás que está marcada para ser eliminada por falta de datos. Os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza ou ''copyright'' e a orixe ou ''source''.
Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos. Para máis información le [[Wikipedia:Política de uso de imaxes]]
Pódeche axudar para entender o que é a licenza ler [[Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe]].
A orixe ou ''source'' consiste en aclarar de onde sae a imaxe. Abonda con incorporar un enlace á páxina da cal se obtivo a mesma, indicar o libro do que se tirou, ou poner que é de creación propia.
Tódalas imaxes que se suban a esta wiki teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. A orixe ou fonte da imaxe ten que expresar esplicitamente que esas son as condicións de uso.
Se queres que che axude a incorpora-los datos ou mesmo que os incorpore eu, explícame de onde saíu a imaxe. Sexa como sexa, non dubides en contactar comigo. Un cordial saúdo --~~~~

Subir imaxes[editar | editar a fonte]

Como inserir imaxes nun artigo?

Carregar a imaxe na Galipedia

No lateral esquerdo, na caixa de ferramentas: Cargar ficheiro.
No formulario: Nome de ficheiro a cargar, escoller un nome significativo, por exemplo: Castelao_Rianxo_2006.jpg, premer en browse para buscar a imaxe no disco duro.
No caso de que a imaxe teña un nome asignado pola cámara ou por un mesmo que non cumpra os requisitos, pódese cambiar no campo Nome do ficheiro de destino
En Descrición engadir canta información se teña da imaxe: fonte, orixe, licenza. Está información tamén pode editarse a posteriori na páxina de descrición da imaxe. Temos unha táboa de información para incluir os datos. En Marcadores de licenza de imaxe hai unha lista de marcadores de imaxe dispoñibles, tamén se poden introducir no paso posterior.
Hai algunhas licenzas que se poden escoller na lista desplegable deste campo.
É imprecindible incluir unha licenza de uso da imaxe. Pequena guía de uso sobre a licenza.
É unha imaxe propia?
Si. ok Licenza GFDL, Dominio Público ou Creative Commons ShareAlike 2.1
Non. Pasar á seguinte pregunta.
Ten outra orixe e ten unha licenza libre?
Si.
É a licenza compatible coa Wikipedia? (Permite obras derivadas e uso comercial)
Si. ok Mesma licenza ca que teña.
Non. En principio non se pode usar.
Non. Non se pode usar.
Cargar ficheiro.

Como inserir a imaxe na páxina?

Premer na icona na parte superior da caixa de edición. Esta icona insire o código [[Image:Exemplo.jpg]], sustituir Exemplo.jpg polo nome da nosa imaxe.
Agora trátase de elixir opción de presentación da imaxe: posición, tamaño e texto descritivo. No enlace anterior están as instrucións.

Imaxes sen datos[editar | editar a fonte]

Ola Lmbuga/Avisos, grazas por subir esta imaxe. Por falta de datos obrigados, que probablemente non puxeches por descoñecemento, a foto que subiches podería ser borrada.

Paso a explicarche os datos que fan falla e como incorporalos

¿Que debes indicar?

De onde procede a imaxe

• Se a imaxe é dunha páxina Web, é obrigado colocar un enlace (ligazón) ao lugar exacto do que se recolle a imaxe. Sexa cal for a orixe dunha imaxe, en devandita orixe ten que poñer que se permiten as obras derivadas e o uso comercial. Se no sitio web non aparecen expresos estes conceptos a imaxe poderá ser borrada por violación dos dereitos de autor.
• se a imaxe é da túa propia autoría, indícao claramente (escribe elaboración propia, eu son o autor...). Se o obxecto que fotografías ten os dereitos de autor restrinxidos (portada dun CD, de libros, programas de tele, pósters,...), a túa foto tamén ten eses dereitos restrinxidos (Tes máis información en Commons:Obras derivadas) e non se pode subir á Galipedia.
• se a copiaches doutra Wikipedia, coloca un enlace exacto á páxina da imaxe orixinal. Non abonda con dicir que a imaxe se tomou doutra Wikipedia; é necesario indicar o lugar exacto. Ten en conta tamén que algunhas outras Wikipedias, como a inglesa, admiten imaxes baixo a cláusula de fair use que aquí non son aceptables por cuestións legais.

¿Cal é a licenza da imaxe?

Se é unha obra derivada doutra imaxe ou foto, é posible que teñas que poñer a mesma licenza que tiña a imaxe orixinal.
• No caso de que sexa copiada dalgún sitio, debes poñer a licenza que nese sitio tiña. Se non sabes a licenza que ten no lugar orixinal, pregúntame indicándome a orixe.

Todas as imaxes que se soben á Galipedia e a Commons deben permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Pero hai máis matices, por iso é polo que hai varias posibles licenzas. A licenza {{PD}} coloca a imaxe no dominio público sen restricciones. En poucas palabras, a licenza {{GFDL}} obriga a que, se se utiliza a imaxe se nomeen os datos que esta ten (autor, lugar de onde se obtivo,...).

¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?

• Accede ás túas fotos.
• Unha vez que accediches, fai click na pestana editar que está na parte superior.
• Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Recorda que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses ({{PD}},...)
• Garda a páxina

¿Como indicalo cando vas subir unha imaxe?

No momento da subida hai unha caixa na cal podes escribir que pon Descrición. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a foto

A cousa como ves non é doada. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dúbida. Un cordial saúdo.

Aviso borrado por copyvio de imaxe procedente dunha páxina se copyright expreso[editar | editar a fonte]

Marquei para borrar por violación dos dereitos de autor a imaxe [[:Image:]]. É certo que a páxina da que procede a imaxe non ten ningún apuntamento sobre o copyright (eu non o encontrei), pero seguindo a lexislación internacional (apartado 5.2 do [http://www.wipo.int/treaties/es/ip/berne/pdf/trtdocs_wo001.pdf Convenio de Berna]) non é preciso ningún requisito para que calquera obra teña copyright. Polo tanto só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen explicitamente que as imaxes están no diminio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Non borrei xa a imaxe por se acaso ti es capaz de encontrar algún sitio na páxina onde se indique que o material exposto está no dominio público, eu non o encontrei.

Espero que comprendas que vendo o difícil que pode ser manter un proxecto como o das Wikipedias ante tantos intereses creados que non desexan que a cultura sexa do dominio público provoca que teñamos que ser frecuentemente estritos coas imaxes que coa mellor intención do mundo soben os usuarios. Síntoo. Un cordial saúdo.

Flickr[editar | editar a fonte]

• Moitas das imaxes de Flickr poden subirse á Commons ou á Galipedia.

Nesta páxina de Flickr telas fotos con licenza Creative Commons de Flikr clasificadas en 6 grupos. Só se poden subir imaxes do 1º e do 6º. Se fas click no enlace que hai en cada grupo que pon See more podes facer buscas dentro do grupo.

Subilas a Commons

Os datos das fotos do 6º grupo incorpóranse en Commons engadindo a seguinte táboa:

{{flickr|
|title=título da foto en Flickr
|description= Descrición da foto
|photographer= Nome ou alcume do fotógrafo
|photographer_location= localidade do fotógrafo
|photographer_url= enlace á páxina en que están os datos do fotógrafo en Flickr
|flickr_url= enlace á páxina en que está a foto
|taken= Data con que aparece a foto en Flickr
|reviewer= Usuario que a subiu (non se pon User:)

{{cc-by-sa-2.0}}
{{Flickrreview}}

As imaxes do 1º grupo poden subirse con esa mesma táboa, pero hai que cambiar a licenza por {{cc-by-2.0}

Subilas á Galipedia

Sóbense como unha imaxe normal, pero hai que poñer:

*un título de imaxe expresivo (non o que teñen en Flickr)

*o enderezo que a foto ten en Flickr como orixe

*o enderezo da páxina do autor en flickr (accédese premendo nunha ligazón que pon "profile")

*a licenza {{cc-by-sa-2.0}} (se son do sexto grupo) ou {{cc-by-2.0}} (se son do 1º grupo dos 6 presentes nesta páxina de Flickr).

*a etiqueta {{FlickrPendente}} para que a imaxe sexa revisada. {{FinAviso}}--~~~~

Cargar imaxes de Flickr na Galipedia[editar | editar a fonte]

Vou intentar aportarche tódolos datos posibles sobre Flickr (o que eu sei), polo que esta mensaxe vai ser longa.

Flickr é un espazo cuestionable. Os usuarios de Flickr soben imaxes, pero non necesariamente son realizadas por eles. Os usuarios non saben de dereitos de autor nin desas lerias. Así a todo, o 99% das imaxes de Flickr que teñen unha licenza compatible coa Galipedia e Commons, poden ser subidas (no caso desas dúas imaxes, poden ser subidas -penso eu- as dúas).

Como recoñecer que imaxes de Flickr poden ser subidas?[editar | editar a fonte]

Agora ben, en Flickr hai 7 posibles licenzas, deses sete tipos de licenzas, só dúas son compatibles coa Galipedia (ou con Commons). Calquera foto que se suba á Galipedia ou Commons ten que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Ademais de haber fotos con tódolos dereitos reservados, hai en Flickr 6 licenzas Creative Commons. É posible facer unha busca de imaxes en Flickr indicando que queres ver aquelas imaxes que teñen unha licenza determinada e, ademais, pódese indicar unha ou varias condicións, por exemplo, imaxes que teñan nos datos a palabra "Galiza" e "ría". Para facer isto:

• Vai á páxina http://www.flickr.com/creativecommons/
• Nesa páxina, só se poden subir imaxes do primeiro e do último grupo (pois os demais ou non admiten as obras derivadas ou non admiten o uso comercial).
Os grupos dos que se poden subir imaxes son:
-Attribution License
-Attribution-ShareAlike License
Se queres facer unha busca de imaxes nun deses dous grupos fai click, tras "Attribution License" ou "Attribution-ShareAlike License" en:
(se tes a páxina en inglés) "see more"
(se tes a páxina en español) "Ver más"
• Xa sabes cómo facer buscas de imaxes de Flickr compatibles coa Galipedia, pero ten ollo, antes de subir unha imaxe, comproba que non saíches fóra dos criterios de busca e que a imaxe permite a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Como comprobar a licenza dunha imaxe de Flickr?[editar | editar a fonte]

É fácil. En tódalas imaxes de Flickr, na columna da dereita (repara en http://www.flickr.com/photos/freecat/2974959771 ) hai un lugar en que pon "Additional Information" (se está en inglés, pode estar en español), tras del, debaixo del, aparece a licenza cun texto en azul (pois é unha ligazón). Se facendo click nesa ligazón accedes a unha destas dúas páxinas: http://creativecommons.org/licenses/by/2.0/deed.en ou http://creativecommons.org/licenses/by-sa/2.0/deed.en , podes subir a imaxe. En xaso contrario, non pode ser subida, pois nesa páxina indicará que non se permiten as obras derivadas, que non se permite o uso comercial ou que tódolos dereitos están reservados.

Como subir unha imaxe á Galipedia procedente de Flickr[editar | editar a fonte]

O principal problema para os usuarios parece ser poñerlles licenza. É estraño que sexa un problema, pois é moi doado. Só hai dous tipos de imaxes que se poden subir, polo tanto só hai dúas posibles licenzas.

Se o facer click na liña seguinte a "Additional Information", aparece a páxina http://creativecommons.org/licenses/by-sa/2.0/deed.en a licenza debe ser {{Cc-by-sa-2.0}}
Se o facer click na liña seguinte a "Additional Information", aparece a páxina http://creativecommons.org/licenses/by/2.0/deed.en a licenza debe ser {{Cc-by-2.0}}
<se aparece outra páxina, non se pode subir esa imaxe á Galipedia.

Hai que considerar ademais a obrigatoriedade de poñer nos datos de imaxe a etiqueta {{FlickrPendente}} (Comento o porqué no seguinte apartado).

Os datos da imaxe serían algo así como:

{{Information
|Description= Descrición da foto
|Source= Enderezo exacto da imaxe en Flickr
|Date= Data en que se subiu a foto a Flickr
|Author= Nome ou alcume do fotógrafo
|Permission=
|other_versions=

{{FlickrPendente}}
{{cc-by-sa-2.0}} ou {{cc-by-2.0}} (dependendo da licenza en Flickr)

¿Porque non debo subir eu esas imaxes que me dis?[editar | editar a fonte]

A etiqueta {{FlickrPendente}} categoriza a imaxe en Categoría:Imaxes de Flickr revisión pendente e chama a un administrador a revisar que a licenza da imaxe e a orixe da mesma son correctas.

O papel do administrador á hora de revisar a imaxe de Flickr é o de acreditar, a modo de revisión, que todo é correcto. O motivo é o seguinte: Os usuarios de Flickr poden cambiar as licenzas das imaxes. Se un usuario de Flickr pon unha imaxe como {{Cc-by-sa-2.0}} ou {{Cc-by-2.0}} (únicas licenzas que poden empregar que permiten que as imaxes sexan subidas á Galipedia) e logo muda a licenza para unha que non estea no dominio público (logo non podería ser empregada a partir dese momento na Galipedia), e resulta que ti colocaches ben a licenza e un administrador acreditouno, a imaxe non se borra da Galipedia, pois non é lícito nin legal que o usuario de Flickr mude a licenza para outra máis restritiva. Pero se a imaxe non é revisada por uns outros ollos (ten que ser un administrador), a imaxe presente na Galipedia será borrada.

Son, xa que logo, necesarios dous pares de ollos: os do usuario que sobe a imaxe e os do administrador que acredita queo fixo ben.

Polo tanto eu non podo subir esas imaxes e, ó mesmo tempo, acreditalas; sería un só par de ollos (enténdesme?)

Por favor, calquera dúbida que poidas ter comentama.

Sobre as imaxes en cuestión[editar | editar a fonte]

As dúas imaxes teñen licenza en Flickr {{cc-by-2.0}}. Esa é a licenzaa que hai que pór na Galipedia. A caixa de datos tela máis arriba.

Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  21:00, 13 novembro 2008 (UTC)

As imaxes que sobes de Flickr seguen presentando problemas[editar | editar a fonte]

Ola ______. Grazas por subires imaxes. O malo é que as imaxes que sobes de Flickr seguen presentando problemas:

1. Colócaslle unha licenza que non teñen (poden ser {{cc-by-sa-2.0}} ou {{cc-by-2.0}}, pero nunca {{Cc-by-sa-2.5-es}}. Para saber a licenza que teñen en Flickr hai que mirar a columna dereita, buscar e facer click en Algunos derechos reservados. Se a páxina que se abre pon Reconocimiento-Compartir bajo la misma licencia 2.0 Genérica, a licenza é {{cc-by-sa-2.0}}. Se pon Reconocimiento 2.0 Genérica, a licenza é {{cc-by-2.0}}.
2. Ó final dos datos das imaxes que subas tes que poñer {{FlickrPendente}}. Motivo: Os usuarios de Flickr poden cambiar a licenza ás imaxes. Se cambian a licenza e poñen unha que non é compatible coa Galipedia, e a imaxe non foi revisada, a imaxe da Galipedia será borrada (xa pasou).
3. Estas subindo a imaxe nun tamaño moi pequeno. Se reparas na páxina de Flickr en que está a imaxe e fas click na lupa que está encima da imaxe, accederás ó tamaño maior.
Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo

Flickr copyvio[editar | editar a fonte]

Ola . Grazas por colaborares subindo imaxes. A imaxe do título non é posible mantela na Wikipedia. Non tódalas imaxes de Flickr están no dominio libre. Esta en concreto ten, como podes ver na súa orixe (columna da dereita de _________ ) tódolos dereitos reservados.

Moitas das imaxes de Flickr poden subirse á Commons ou á Galipedia.

Nesta páxina de Flickr telas fotos con licenza Creative Commons clasificadas en 6 grupos. Só se poden subir imaxes do 1º e do 6º. Se fas click no enlace que hai en cada grupo que pon See more podes facer buscas dentro do grupo.

As do primeiro grupo teñen licenza (hai que comprobala sempre na imaxe) {{cc-by-2.0}}, as do 6º {{cc-by-sa-2.0}}. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 15:36, 25 xaneiro 2008 (UTC)

Cadros de Castelao[editar | editar a fonte]

Non son un especialista en leis e dereitos de autor nin moito menos, polo que me podería confundir. Os cadros de Castelao non poderán subirse á Galipedia por non estar no dominio libre ata o 1 de xaneiro de 2021 (70 anos despois do 1 de xaneiro seguinte ó ano da norte do autor). Subilos sería unha violación dos dereitos de autor que podería pór en entredito o proxecto (wikipedias, Commons,...), e é que temos que ter ollo pois hai demasiados intereses que pretenden que a cultura non estea no dominio libre. Ser estritos coas imaxes é fundamental para que o proxecto non poida ser cuestionado publicamente.

É moi difícil encontrar nunha páxina web unha imaxe que se poida subir. Para que unha imaxe se poida subir, ten que estar especificado na páxina web que a imaxe está no dominio libre e que se permiten as obras derivadas e o uso comercial (a non ser que a imaxe sexa antiquísima). Se non se permite isto (o cal na práctica supón que nesa páxina web apareza xa a licenza que lles hai que poñer) non se pode subir.

As wikipedias aliméntanse sobre todo das fotos realizadas polos usuarios, se ben, aí tamén hai restricións, pois hai que ter ollo coas obras derivadas.

Se desexas algunha imaxe de Castelao podes mirar na seguinte páxina de Commons, Commons:Category:Galician writers, hai dúas fotos de estatuas de Castelao realizadas por min. As imaxes de Commons utilízanse tal cal as que se soben á Galipedia (wikipedia galega)

Perdoa se che digo cousas que xa sabes, pero máis vale dicir de máis ca de menos. Non dubides en contactar comigo en casos coma este. Un cordial saúdo

Categorías[editar | editar a fonte]

Ola {{PAGENAME}}. Grazas de novo polas túas contribucións. O artigo [[_____________]] só lle falta unha pequena cousa para estar perfecto: clasificalo nunha categoría. As categorías son unha especie de carpetas en que se recollen artigos sobre un tema concreto. Tódolos artigos deberían estar clasificados nunha ou varias categorías (quizais xa o soubeses).

Grazas ó engadido ó final do artigo da etiqueta <nowiki>[[Category:________]]</nowiki> encontrarás o artigo [[_____________]] en [[:Category:________]]. Ademais, ó clasificalo, aparece ó final do artigo a secuencia Categorías: __________. Se fas click aí, en ___________, accedes á categoría.

Se algunha vez non sabes onde clasificar un artigo podes escribir a etiqueta [[Category:Pendente categoría]]. Dese xeito o artigo pasa a estar na categoría (carpeta) Category:Pendente categoría e quen saiba clasificalo poderá localizalo doadamente para o facer. Lembra que se tes algunha dúbida ou comentario podes contar comigo. Un cordial saúdo --~~~~

Retirada de imaxes dos artigos[editar | editar a fonte]

Retirei a imaxes do/s artigo/s en que aparecía mentres non se aclare se son violacións do copyright.

Espero que non te sintas mal, en caso de seren copyvíos, por telas subido, pásanos a todos, sobre todo ó comezo. Agradecémosche a intención. Por desgraza, case a única posibilidade de engadir imaxes á Galipedia é facelas nós mesmos.

Espero tamén que entendas que o feito de que poidamos violar a lexislación pode pór en perigo o noso proxecto, pois hai sectores ós que non lles interesa que a cultura sexa do dominio libre. Conta comigo cando o desexes. Un cordial saúdo--~~~~

Imaxes e web persoal[editar | editar a fonte]

Vexo que colocaches os datos nas imaxes como acordaramos, pero continúa habendo algúns problemas.

A licenza GFDL (http://www.gnu.org/copyleft/fdl.html) implica moito máis do que aparece na túa páxina web. Ti indicas na túa páxina Se empregas algúns dos recursos non te esquezas de mencionar esta páxina. Ocorre que se un internauta emprega unha desas imaxes recollidas da túa páxina web e só menciona a orixe (http://www.concellodesandias.com/) comete unha violación do copyright que aparece na imaxe da Galipedia, pois ten que indicar tamén que ti es o autor

Como xa che indicara -co dito entenderás a causa- na túa páxina web ten que aparecer que as imaxes (e ou contidos) teñen esa mesma licenza. Abonda con cambiar Se empregas algúns dos recursos non te esquezas de mencionar esta páxina por Copyright GFDL e colocar ligazón a http://www.gnu.org/copyleft/fdl.html. Tamén, ademais da ligazón, podes escribir, por exemplo, Esta páxina está no dominio libre baixo licenza GFDL; vostede pode redistribuír ou modificar os seus contidos baixo os termos da "GNU General Public License" como o publica a "FSF Free Software Foundation".

Evidentemente, isto obriga a que tódalas imaxes da túa páxina web teñan esa licenza, a non ser que fagas o indicado no apartado 2 do parágrafo seguinte. Algunhas das condicións da licenza son:

• Permítese copiar fielmente e distribuír sempre que se proporcione de manera consciente e apropiada unha nota de dereitos de autor na cal deben de manterse intactas todas as notas presentes na imaxe orixinal.
• Pódese aplicar un cargo polo acto físico de transferir (distribuír) unha copia.
• Pódense realizar obras derivadas e distribuílas, pero sempre que se indiquen o fonte orixinal e os datos presentes na mesma. Ademais debe indicarse en que consisten as modificacións e a data dos cambios
• Non se pode copiar, modificar, sub-licenciar nin distribuír a imaxe a menos que sexa expresamente baixo a licenza GFDL.
• Non se puede impoñer ninguna restrición adicional ás personas que reciban a imaxe sobre os derechos que nesta licenza se lles outorga

Por outra banda, propóñoche para maior clarificación da situación 2 cousas:

1. que o facer click nas imaxes da túa páxina web que foron subidas por ti á Galipedia, se acceda á páxina da Galipedia en que están. Isto podería ser interesante, pois na Galipedia podes subir as imaxes con maior tamaño e calidade (se quixeses substituír algunha por unha maior, non tes máis ca que subila co mesmo nome)
2. que haxa un pé de imaxe que poña licenza GFDL e que remita (nediante un vículo) á páxina da Galipedia en que está a imaxe (evítase que alguén use a imaxe sen nomearte e sen indicar os datos precisos). Entendo que con facer só isto sería suficiente para que todo estivese correcto.

Dado a complicación que ten a licenza GFDL, voulle indicar a User:Ecemaml, pois se interesou polas túas imaxes para as subir a Commons, por se entende que hai algo inapropiado ou que o problema non se soluciona debidamente do xeito que che indico.

Quede claro, en todo momento, que che agradecemos -e que che agradezo persoalmente- o teu labor na Galipedia e que, ademais, subas imaxes. Non hai dúbida de que cando a Galipedia comezou a andar, nun inicio (do cal inda quedan restos), non se puido atender debidamente moitos aspectos porque o importante era pór en marcha o Wiki. Na actualidade imos camiñando cara a consecución dun proxecto rigoroso e de calidade e no cal ten que estar moi claro o que ofrecemos ó público. Por outra banda, incumprir a lexislación sobre os dereitos de autor pon en entredito o proxecto.

Agradézoche tamén que mires a posibilidade de facer o que che indico. En caso de que non o vexas adecuado, indícame a causa e buscamos posibles solucións. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 13:54, 8 decembro 2006 (UTC)

Para engadir a avisos sen licenza ou orixe de imaxes SELF[editar | editar a fonte]

'''Concretando:''' Hai un pequeno problema coa imaxe que acabas de subir. É preciso que incorpores dous datos (a [[Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe|licenza]] ou ''copyright'' e a orixe) indispensables para que a foto non sexa borrada. A orixe consiste en indicar de onde sae a foto (autoría propia, ligazón a unha páxina web,...)

Entendo polo tamaño da imaxe e polas súas características (consta a cámara coa que se fixo) que a foto foi realizada por ti. Se é así, debes editar a imaxe ([[Template:DatosImaxes|Como editar imaxes?]]) e escribir, por exemplo (hai máis posibilidades) unha destas dúas opcións:

#Eu son o autor {{PD-propia}} (--> a imaxe estará no dominio público sen retricións) #Eu son o autor {{GFDL-propia}} (--> a imaxe terá algunhas retricións: se alguén a usa deberá nomear o autor e a fonte da imaxe,...)

Tes máis información en [[Wikipedia:Política de uso de imaxes]] {{Subst:FinAviso}}--~~~~

Incorporar fotos[editar | editar a fonte]

Observei que quixeches incorporar unha imaxe a un artigo.

Importante:

En primeiro lugar debes saber que tódalas fotos da Wikipedia teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. As fotos non poden ter copyright que non permitan estas condicións. Ademais, seguindo a lexislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna) non é preciso ningún requisito para que calquera obra teña copyright. Polo tanto só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen explicitamente que as imaxes están no diminio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Le Wikipedia:Como engadir imaxes. Unha vez que fagas click en Cargar un ficheiro, tes obrigadamente que escoller unha licenza (aquela que a foto teña na súa orixe, ou a que ti desexes no caso de que a foto sexa realizada por ti) e indicar claramente a orixe da foto. Se tes algunha dificultade, contacta comigo

Caixa de datos para imaxes realizadas por un mesmo[editar | editar a fonte]

{{Information
|Description=Breve descrición da imaxe que permita clasificala
|Source='''Self made'''
|Date=</nowiki>Data de subida
|Author=
|Permission=
<nowiki>|other_versions=

==Licenza==
Escolle unha. Pode ser <nowiki>{{GFDL-propia}} o {{PD-propia}}</nowiki>

Mensaxes en Commons que debían ser na Galipedia[editar | editar a fonte]

Acabo de ler Commons:User talk:Lmbuga#Bandeira de Narón inda agora. Estou convencido de que a mensaxe é túa (pero podo confundirme). Explícoche o porqué do problema:

Dentro do que é o noso proxecto podes encontrar a Wikipedia (enciclopedia) galega, pero non é o único que podes achar. Hai outros espazos diferentes como Galilibros ou Commons nos cales é preciso rexistrarse de novo para ter nome de usuario.

Commons é un espazo diferente, pero común a tódalas wikipedias (galega, inglesa, portuguesa,...). As imaxes que hai en Commons pódense empregar nas wikipedias sen necesidade de volver subilas, coma se xa estivesen subidas á Wikipedia galega.

Sen te dares de conta, saíches fóra da Wikipedia galega e deixáchesme a mensaxe en Commons. Isto ocorreu porque a miña sinatura permite o acceso a dúas páxinas de conversa diferente: Se fas click na palabra Galipedia da miña sinatura, vas á miña páxina de conversa da Wikipedia galega; pero se fas click na palabra Commons, vas á páxina de conversa de Commons. Problema: Na Galipedia estás rexistrado e podo ver o teu nome de usuario (User:PepedoCouto), pero, como en Commons non estás rexistrado, non podo velo, so percibo un número, e non podo responder, pois non sei quen es. Grazas a que nomeaches a imaxe de Xuvia, localiceite.

Procura de aquí en diante, para falar comigo, facer click na palabra Galipedia da miña sinatura.

Sobre escudos e bandeiras[editar | editar a fonte]

Bandeiras e escudos non son a miña especialidade (se é que teño algunha). As condicións ideais para poder subir esa bandeira á Galipedia son as seguintes:

• Colocar a mesma estrutura de información que ten a imaxe anterior que subiches (podes vela aquí).
• No apartado |Source= indicar a páxina do DOGA (ou documento público) en que foi aprobado e, se non é creada por ti, a ligazón á páxina da que recolles a bandeira (ollo!, non pode ser unha imaxe artística ou obra derivada, tense que ater ó publicado no DOGA).
• Colocar unha licenza {{PD}}

Así e todo, hai imaxes de bandeiras e escudos subidas á Galipedia sen o dato do DOGA, inda que deber, débeno ter. Rógoche que antes de subila, procures ese dato. Se decides subila sen el, ábrese un abano de posibilidades grande: desde que quede así por un tempo, a que outro usuario encontre o dato (eu non son capaz), ou ata que, algún día, por falta de datos, a imaxe sexa borrada.
Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo

Aviso administradores amigos[editar | editar a fonte]

Ola de novo. Vin unha imaxe túa sen orixe. Non ten maior importancia, pero é preferible que lle poñas a orixe para que non me acusen de non tratar a todos por igual (especialmente ós administradores).

Penso que algúns usuarios confunden a igualdade no trato (baseada na experiencia cos demais) coa igualdade (circunstancia contraria a actitudes xenófobas) por cuestións de identidade. Non comprenden que non te trato como te trato por ser simplemente administrador, senón que o fago por ser quen es, e iso é lícito (ó meu parecer). A experiencia na relación debe facernos saber estar e ti non es igual ca un descoñecido por moito que nesa liña se poida reflexionar.

Un cordial saúdo

Aviso usuarios amigos[editar | editar a fonte]

Ola de novo. Vin unha imaxe túa sen orixe. Non ten maior importancia, pero é preferible que lle poñas a orixe para que non me acusen de non tratar a todos por igual (especialmente ós administradores).

Penso que algúns usuarios confunden a igualdade no trato (baseada na experiencia cos demais) coa igualdade (circunstancia contraria a actitudes xenófobas) por cuestións de identidade. Non comprenden que non te trato como te trato por ser simplemente un usuario habitual, senón que o fago por ser quen es, e iso é lícito (ó meu parecer). A experiencia na relación debe facernos saber estar e ti non es igual ca un descoñecido por moito que nesa liña se poida reflexionar.

Un cordial saúdo

Imaxes da Wikipedia inglesa[editar | editar a fonte]

Ola ________ . Grazas por contribuíres e polo traballo que estás a desenvolver na Galipedia.

Non tódalas imaxes da Wikipedia inglesa poden ser subidas á Wikipedia galega por mor de que a lexislación ingesa e a galega son diferentes. As imaxes que na Wikipedia inglesa teñen un "C" sen tachar son normalmente Uso lexítino ou free use. O free use non está permitido pola lexislación española.

Por mor diso, tiven que borrar a imaxe ______________

Síntoo. Non dubides en contactar comigo para o que desexes. Un cordial saúdo

Obra derivada (casos concreto)[editar | editar a fonte]

1-cartaz[editar | editar a fonte]

-A foto do cartaz é unha obra derivada (véxase Commons:Obras derivadas ou Wikipedia:Política de uso de imaxes#Obras derivadas. Salvo que no cartaz se indique que o cartaz permite as obras derivadas e o uso comercial (especificando preferiblemente unha licenza que permita iso), o cartaz ten dereitos de autor e a obra derivada mantenos, polo que a obra derivada non está no dominio público: o autor do cartaz ten dereitos de autor na obra derivada.
-O feito de que estea nunha vía pública non provoca que estea no dominio público, pois a liberdade de panorama (que existe en España pero non noutros países veciños), indica que están no dominio público aqueles obxectos que están na vía pública peranentemente (estatuas,...)
-Habería inda unha posibilidade de que o cartaz estivese no dominio público: que o autor ou autores morresen fai máis de 70 anos.
-Se a imaxe se centrase no edificio, sendo o cartaz un detalle mínimo e case imperceptible da imaxe, a imaxe podería acollerse á liberdade de panorama.

2-logo(lata)[editar | editar a fonte]

A foto da lata de Nestea é unha obra derivada (véxase Commons:Obras derivadas ou Wikipedia:Política de uso de imaxes#Obras derivadas porque achega de xeito central un logo que ten dereitos de autor: véxase que esta imaxe da Wikipedia inglesa ten copyright (na Wikipedia inglesa pódese publicar porque a lexislación americana é diferente, pero en Commons e na Galipedia non se pode publicar)

Salvo que na lata de Nestea se indique que se permiten as obras derivadas e o uso comercial (especificando preferiblemente unha licenza que permita iso), a lata (pois o logo tenos) ten dereitos de autor e a obra derivada mantenos, polo que a obra derivada non está no dominio público: o autor da lata ten dereitos de autor na obra derivada.

Cesión de dereitos de imaxes[editar | editar a fonte]

exemplo: http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Conversa_usuario%3AJoseghast&diff=1276947&oldid=926028