Usuario:Caravincho
Información Babel do usuario | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
Procurar usuarios por lingua |
Acerca do usuario[editar | editar a fonte]
Quen son eu?[editar | editar a fonte]
Saúdos, eu son caravincho (non me chamo realmente así) o meu verdadeiro nome é Xabier.
Aínda que non sei moito sobre fonte (máis ben nada) podo manexarme (máis ou menos) pola Galipedia, polo que se ves que algo está mal sobre ficheiros multimedia, táboas, modelos, etc., por favor, corríxemo, porque eu non sei facelo.
Como traballo na Galipedia?[editar | editar a fonte]
O que eu fago son traducións do español ao galego de artigos que non estean dispoñibles en galego ou lle falten datos importantes. Facer traducións é sinxelo, unha vez que accedas ao sistema, na esquina superior dereita dáslle a unha opción chamada contribucións. Unha vez alí, dáslle a nova tradución, e na barra de búsqueda que se abrirá escribe o artigo que queiras traducir.
Por que fago isto?[editar | editar a fonte]
Paréceme importante conservar a lingua galega e adaptala ás novas tecnoloxías, iso é un símbolo de que é unha lingua en uso e non se perde, porque o último que querrería no mundo é que esta bela lingua desaparecese.