Usuaria:Elvire/archive1 jusqu'au 18 novembre 2007

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Bienvenue sur Galipedia, Elvire ! --Prevert(talk) 09:18, 23 marzo 2007 (UTC)

Benvida á Galipedia Elvire. Un dos efectos colaterais que está conseguindo á Galipedia é servir como punto de encontro dos galegos espallados polo mundo. Alédome moito que sexas orixinaria de Galicia e en concreto de Ourense, non temos moitos colaboradores desa zona, tamén é unha boa nova que colabores coa Wikipedia en francés posto que alí hai algúns erros nalgúns artigos relacionados con Galicia. Por desgraza non falo francés como parece suxerir a miña anterior menaxe de benvida, só consigo ler un pouco de aí o breve desa mensaxe, en realidade non require apenas coñecementos desa lingua. Con respecto ao galego, se tes interese en profundizar nas seguintes ligazóns tes a Normativa oficial do galego e un Curso de lingua galega. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:31, 26 marzo 2007 (UTC)
Podes contar coa nosa axuda en todo aquilo que poidamos, ben sexa sobre o funcionamento da Wikipedia ben sexa sobre o galego ou o sobre os artigos relacionados con Galicia. Na Galipedia valoramos as contribucións dos colaboradores independentemente da idade e doutros factores, o importante é axudar a que este proxecto mellore cada día. Boteille unha ollada ao artigo Galicien e vin as melloras que fixeches no artigo. O que teño comprobado en moitas ocasións e que nos artigos sobre localidades galegas na Wikipedia en francés inclúen traducións ao castelán (algunhas delas mesmo son invencións tomadas da Wikipedia en castelán onde hai moita controversia sobre o tema) ou usan nomes que non teñen que ver coa toponimia oficial en Galicia e en España. En http://www.xunta.es/toponimia está a relación de topónimos vixentes en España para as localidades galegas. Con respecto aos recursos sobre a lingua galega, nesta páxina User:Prevert/galego teño unha relación de enlaces con recursos relacionados coa lingua galega, incluíndo tradutores automáticos e webs para verificar a corrección dos textos en galego. Outra vez grazas pola túa colaboración. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:56, 28 marzo 2007 (UTC)
Para que che funcionen os enlaces tes que copiar o código que hai en http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=User:Prevert/galego&action=edit . Con respecto a túa pregunta na última revisión das normas pasouse a dicir grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:42, 28 marzo 2007 (UTC)
Desculpa pensei que querias que funcionaran os enlaces, ti sabes mellor ca min que era o querias facer :-) Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:50, 28 marzo 2007 (UTC)
Para que funcionen os enlaces (se iso é o que queres) o que hai que copiar é o contido da caixa de edición de http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=User:Prevert/galego&action=edit non o enderezo da páxina, se queres que che bote unha man non tes máis que dicirmo e eu mesmo copiarei e pegarei o contido na túa páxina de usuaria da Wikipedia en francés. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:36, 29 marzo 2007 (UTC)

De ningún xeito me ofendiches, podes contar comigo no que poida axudar. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:14, 29 marzo 2007 (UTC)

Brie[editar | editar a fonte]

Agora non teño tempo para facelo pero en canto poida arranxarei o dos artigos de Brie. Grazas polo aviso. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:22, 3 abril 2007 (UTC)


Rexistro[editar | editar a fonte]

Non estou seguro de comprender perfectamente o que che sucede. A mensaxe na que me preguntas aparece asinada co teu nome de usuaria non como un IP. Vou intentar unha resposta a ver se iso o que che pasa. O rexistro en cada Wikipedia é independente, iso significa que para aparecer como rexistrada tes que incluir nome de usuario e contrasinal en cada Wikipedia. Pode ocorrir que no caso da Wikipedia francesa o teu navegador "lembre" gardar á información de rexistro ben sexa por unha opción do propio navegador ben sexa por ter marcada a casiña "Lembrar o meu contrasinal entre sesións" debaixo do formulario de rexistro. Outra cuestión que pode influir son as "cookies" (unha especie de marca que identifica ao usuario no sistema), segundo o navegador que uses e a configuración o propio navegador pode borrar esas cookies de xeito automático provocando que haxa que volver a facer o rexistro ao volver entrar. Outra situación máis infrecuente é que haxa problemas co sistema da Wikipedia, pero non creo que sexa isto o que pase neste caso. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:45, 9 abril 2007 (UTC)

Cando pasa certo tempo sen que o sistema do wiki rexistre actividade do usuario é como se este xa marchase. Entón pasa a ser un usuario anónimo e debe rexistrarse de novo ao volver a editar. Boa idea comezar o artigo François Rabelais, grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:07, 9 abril 2007 (UTC)o

Re: Artigos solicitados no Portal de comunidade[editar | editar a fonte]

Non me parece mal, ao contrario. Xa sabes que a enciclopedia está en permanente construción e ao principio os artigos solicitados estaban sen clasificar por temas, logo foronse distribuindo por materias e nas personalidades quedaron todos aqueles que non tiñan un tema asignado. Grazas pola túa axuda e polas túas suxerencias. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 07:59, 11 abril 2007 (UTC)

Corrixido. Non fixen a subdivisión escultura porque só hai un artigo solicitado dese tema. O modelo dos artigos solicitados está en Modelo:ArtigosSolicitados. Se estimas necesaria algunha corrección ou incluír algún artigo, por exemplo máis escultores para introducir o tema, podes facelo directamente nesa páxina. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:55, 11 abril 2007 (UTC)
  • De nada, para eso estamos. Cando necesites algo s'o tes que dicilo.AlberteSi, digame? 18:56, 29 abril 2007 (UTC)
  • De nada polos arranxos da lingua. De cando en vez ando ollando as edicións e facendo correccións, e o artigo de Élisée Reclus pareceume interesante. Grazas a ti pola tradución. Recibe un cordial saúdo, Elvire. --Xoán Carlos Fraga 09:37, 1 maio 2007 (UTC)

Imaxes Santiago Rodríguez Bonome[editar | editar a fonte]

Moitas grazas Elvire, xa borrei todas as imaxes de pequeno tamaño que se cargaran aquí e xa se ven as que cargaches ti en Commons. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:57, 3 maio 2007 (UTC)

Escudo Xinzo de limia[editar | editar a fonte]

Ben, polo que vexo a imaxe do escudo de Xinzo de Limia non contén licenza e foi cargada por un usuario que só colaborou 2 días, polo que semella difícil a permanencia desta imaxe no futuro. Tarde ou cedo, cando se revisen a fondo as imaxes, acabará sendo eliminada, polo que non pode ser cargada en Commons. Agardo ter respondido á cuestión. Sorte e saúdos. AlberteSi, digame? 17:24, 11 xuño 2007 (UTC)

  • Carguei outra nova con licenza, coido que vos ha de servir. Acedese pola mesma ligazon anterior. Sáudos
  • Ola Elvire. A mensaxe anterior é de Xelo2004 que cargou unha versión do escudo coa licenza correcta. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:03, 11 xuño 2007 (UTC)

Sobre os topónimos[editar | editar a fonte]

  • Ola, Elvire. Realmente non sei que é o querías que fixera eu no caso da Rúa. Con respecto ao uso da toponimia en galego por parte da wikipedia en castelán, non estou en absoluto de acordo co criterio de tradición do topónimo galego en castelán, porque os topónimos só teñen unha forma válida, e non me parece correcto que castelanicen todos os que poidan. En tal caso, de seguiren o criterio de tradición dun topónimo, a maioría da toponimia galega non ten tradición en castelán, en tal caso só as poboacións máis grandes; e habería casos que non me parecen afortunados (como La Rúa, a tradución sería La Calle e non ten tradición ningunha, espero que non o usen).
  • Non entendo porque che quitan o interwiki en francés, iso é raro. Será vandalismo ou ignorancia. Recibe un cordial saúdo. --Xoán Carlos Fraga 17:04, 19 xuño 2007 (UTC)
  • Boas. Antes de nada, desculpas pola tardanza na miña resposta. Non é habitual que eliminen un interwiki en francés que redireccione a o mesmo artigo noutro idioma. Compre que te dirixas a zona apropiada ou a algun dos administradores na procura dunha resposta clara. No trocante a toponimia no caso que preguntas, respondereiche cun tópico, que aclaro máis tarde e que dí o seguinte:

-> Os traballadores cando saen do traballo, gustalles xogar o futbol.

-> Os encargados cando saen do traballo, gustalles xogar o tenis.

-> Os xefes cando saen do traballo, gustalles xogar o golf.

  • -> A conclusión de todo isto é que canto máis alto é o cargo, máis pequenas son as pelotas.

A verdade é que, é un tópico moi raro. Pero con isto tamén me refiro a que na wiki.es os administradores non teñen moito interés por respeta-la toponimia galega; maila que, nalgunhos casos, se lles recomendou que ollasen as enciclopedias de papel ou en cd's (nestos dous modelos, cando a toponimia correspondente a un artigo é galega, tamén da a existencia desta en castelán; só que. Na maioría dos casos remítente ó artigo correspondente cuio encabezado é o toponímico galego. Adoitan face-lo vaixo o epígrafe "véxase -????"). As reclamacións que se efectuaron no seu momento os administradores da wiki.es para que respetásen a toponímia galega cheou por parte deles de facer ata unha consulta a RAE (podes ollalo aquí), auque o resultado saé a favor das reclamacións. Seguen, por desgraza e faia de coñecemento, a saltar por enriba destas. A ligazón en sí contén máis información que che axudará, sen dubida, a ter unha idea máis global do que está a suceder na es.wp con istes prolegómenos toponímicos. Un saúdo e agardo que esta información (aunque liosa) sexa do teu agrado.--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 00:43, 22 xuño 2007 (UTC)

RAG[editar | editar a fonte]

Vista a túa petición na páxina de Prevert, xa procedin eu a cumplila, podes, pois ligazonar coa imaxe de commons. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 22:32, 1 xullo 2007 (UTC)

Saudações[editar | editar a fonte]

Também eu colaboro aqui. Saudações ibéricas. --Ibérico 12:07, 2 xullo 2007 (UTC) Não te zangues. Eu falo o português que aprendi da minha mãe (de Olivença) e também o que aprendi por curiosidade nos livros, nas rádios, etc. Para colaborar aqui, escrevo em português padrão (que é como sei) e depois passo o texto pelo/polo Ortogal, que funciona bem. Não sou provocador na wikipédia em francês. Peço-te que não apagues o que escrevi sobre a Agal no artigo da Rag, porque escrevi a verdade. O galego da Agal é harmónico com o português e com as outras línguas românicas. Se quiseres, dar-te-ei exemplos disso noutro dia. Espero que não te zangues. Não vale a pena. Saudações. --Ibérico 21:57, 2 xullo 2007 (UTC) Eu nunca peço fontes, mas há quem pede fontes só a alguns, só para algumas informações. Todo o mundo, na Galiza e na romanística, sabe que a escrita do galego da RAG é foneticista e que a escrita do galego da AGAL é mais etimológica. Só cumpre comparar como se escrevem as palavras em latim e nas outras línguas românicas (e também no galegoportuguês medieval); por exemplo, procure "esixencia"/"exigência" nessas línguas e verá. Um BOE é fonte linguística? Não, é fonte política. Quer fontes minhas que não sejam da Agal? Se tão importante é a fonte quando eu escrevo, dar-lha-ei, não se preocupe. Espero acabar aqui o leixa-prem. E vandalize o que eu escrevo se quiser (já fui vandalizado mais vezes). Saudações. --Ibérico 14:26, 3 xullo 2007 (UTC)

Fontes legais para normas legais? Está bem, mas eu quero escrever sobre língua, não sobre política, nos artigos de língua. Já pensei em Ricardo Carvalho Calero, mas acontece que o que dele tenho sobre isto está em Olivença, e eu estou na Catalunha (e cá não há livros sobre isso na biblioteca da minha vila). A referência pode esperar? Creio que não. Quanto ao dinheiro da galipédia, pode ver "as miñas contribucións" nesta e noutras wikipédias. Pode ver o que fiz e o que me fizeram (vandalismos), o que não fiz, etc. E boa fé acho que tenho; se não, nunca colaboraria numa wikipédia em galego isolado. Noutras wikipédias (catalã, espanhola, francesa, inglesa, portuguesa...) aceitam duas ou mais ortografias para a mesma língua; na galega tudo é RAG (embora a justiça galega admita mais de uma ortografia; pelo/polo menos admite a reintegrada). E não se zangue comigo, faça o favor. Saudações cordiais. --Ibérico 17:59, 3 xullo 2007 (UTC)

Castros de Galicia[editar | editar a fonte]

Ola, non posúo datos específicos da superficie de Santa Tegra, sí de Lás 9,5 Ha, a fonte é a mesma que a do artigo (ano 92). No libro de referencia compara a Lás coas Citanías portuguesas de Briteiros, Sanfins, Mozinho e cidades romanas como Conimbriga ou Brácara Augusta pero no co de Santa Tegra, Calo Lourido na súa obra A Cultura Castrexa, cando fala das dimensións dos castros volve facer o mesmo ao esquecer Santa Tegra e comparar Lás cos modelos portugueses, falando de 8,84 Ha para Lás. Son escasas as publicacións divulgativas sobre estes xacementos, así como a publicación das memorias de escavación polo que para os afeizoados a estes temas é difícil atopar información fiable. Na maioría do que recordo ter lido sempre falan de un dos máis grandes para ambos sen facer unha diferenciación entre todos eles.

De Santa Tegra non dispoño de documentación pero podemos tratar de comparalos cos 300 metros de ancho e 700 de largo do recinto amurallado de Santa Tegra (seguindo a páxina web do Museo de Santa Tegra [1]) cos 294x420 de Lás. Nese aspecto poderíamos pensar na maior dimensión de Santa Tegra, pero no caso deste castro a súa tipoloxía e outros datos, fan dubidar aos estudosos sobre as dimensións concretas, os periodos de ocupación de cada un dos "poboados" ou barrios nos que o dividiron para o seu estudo, e outros aspectos. Interesariame moito saber a fonte da que obtiveches o dato das 20 Ha xa que aos poucos temos que ir xuntando a información.

A miña falla de documentación, xunto co feito de que a obra que estou a usar como referencia non fixera referencia a Santa Tegra fixome cometer o erro de facer unha afirmación absoluta a falla dos datos necesarios, polo que cambiarei a frase para falar dun dos castros de Galicia en escavación de maiores dimensións. Grazas pola correción.

Eu pola miña parte non posúo os coñecementos suficientes para facer unha ordeación por dimensións dos castros galegos, pero tentarei buscar maior documentación, pero creo que o maior problema é a falla de obras de síntese da Cultura Castrexa, (a de Cuevillas segue a ser unha das mellores referencias) e tamén a falla de máis estudos arqueolóxicos e de publicación ou divulgación dos mesmos.

En relación ao listado de Castros de Galicia comentarche que se trata dunha pequena mostra, xa que o número de castros existentes no actual territorio de Galicia supera sen dúbidas ao millar e cada autor fala dunhas ou doutras cifras, chegando algúns a falar de 5.300. Eu de cando en cando vou engadindo algún.

Non me queda máis que darche parabéns polo teu traballo e esperar verte máis a miúdo por este proxecto que polas súas dimensións (sic) vota en falla aos colaboradores habituais que outras maiores. Un cordial saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 12:42, 13 agosto 2007 (UTC)


Ola, tratei de respostar eiqui, pero cos datos aportados semella que tes razón. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 20:47, 13 agosto 2007 (UTC)

Grazas[editar | editar a fonte]

Moitas grazas Elvire polas túas verbas. E grazas polo {{DEFAULTSORT:}} , non coñecía iso, pero é de bastante utilidade. De novo moitas grazas. Un saúdo. AlberteSi, digame? 16:50, 9 setembro 2007 (UTC)

  • Xa lle botei un ollo, correxín un par de erros. Creo que se poden retirar os marcadores, mais penso que hai que mover a páxina a Instituto Español de Oceanografía, que semella que é do que trata o artigo. Comentareino na páxina de discusión do artigo. Un saúdo, para o que desexes aquí estou. AlberteSi, digame? 22:10, 15 setembro 2007 (UTC)

Galego[editar | editar a fonte]

Parabéns polo teu galego, estasme avergoñando evolucionas a unha velocidade asombrosa, e parabéns pola temática escollida, persoalmente moi interesante. Bo traballo máis nada.

Outra cousa, do tema das dimensións dos castros. Empecei o artigo Castro de Santa Tegra en parte para explicarme mellor porque non decía cal é o castro máis grande de Galicia. Realmente co escavado e estudado ata o de agora o maior candidato sería Santa Tegra pero os valeiros de información impiden facer afirmacións absolutas. Ogallá que o castro máis grande de Galicia esté aínda sen catalogar, sería unha boa noticia. O meu erro foi xusto ese dar como válido a rotunda afirmación de que é San Cibrao de Las o maior, pero para eso estamos todos, para correxir, completar, colaborar... Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 19:30, 24 setembro 2007 (UTC)

Orléans[editar | editar a fonte]

Hola, cambiei a categoría "xeografía en progreso" polo marcador Modelo:Xeografía en progreso, que ademáis de incluír o artigo nesa categoría pon un marcador para que a xente que o vexa identifique máis rápido que o artigo aínda non está rematado e que se pode axudar a completalo. Se tes calquera dúbida avísame :D --Banjo tell me 20:09, 4 outubro 2007 (UTC)

Artigos solicitados[editar | editar a fonte]

Xa o fixen! O que non entendo é como non o puideches editar ti, porque a páxina non está protexida (probei a entrar como anónimo e me deixaba editar). De todos xeitos un pracer axudarte. E non o dubides, se tes algunha dúbida ou petición ti "dispara", que eu farei o que poida. Un saúdo. AlberteSi, digame? 21:02, 11 outubro 2007 (UTC)

Categorías de Francia[editar | editar a fonte]

Ola Elvire! Probablemente teñas razón, mais eu, por desgraza, non entendo moito do tema. Por que non expós os motivos para borrar a Category:Rexións de Francia en Conversa categoría:Rexións de Francia, para que outros que entenda máis vexan se é conveniente ou non? Coma sempre, un pracer verte, ou lerte, pola Galipedia. Un saúdo. AlberteSi, digame? 21:33, 21 outubro 2007 (UTC)

Boas! Xa din a miña opinión á túa proposta. Alédome que teñas máis tempo para te pasares por aquí, fas un gran labor. Por certo, quero rendirlle homenaxe á wikipedia francesa, que para min é das mellor organizadas (senón a mellor) e está moi ben levada (polo menos visto dende fóra). De momento xa lles (vos) copiei o estilo do monobook, para que se vexan as páxinas de discusión desta cor amarela ou as páxinas da Wikipedia dun cor gris. A verdade que é unha grande inspiración para min esa wikipedia. O dito, como se adoita dicir: mándalles recordos da miña parte ós franceses :) Un saúdo. AlberteSi, digame? 12:29, 27 outubro 2007 (UTC)

borrado[editar | editar a fonte]

Ola, dinme conta que che machiquei unha edicion que fixeras no conflito de darfur, perdoa, vendo o cambio pareceme que ficou englobado xa, senon for asi, cambia o que vexas. Saúdos---- Maañónoo (o que ho?) 22:01, 28 outubro 2007 (UTC)

  • Ola de novo; pareceme que o que che puxen mais enriba non foi ben explicado e/ou entendido: o unico que tentaba era pidirche perdon ("dinme conta de...perdoa") e animarte a que o editaras como considerases ("cambia o que vexas="cambia o que vexas oportuno"). Deiche mais explicacions no talk da paxina. Saúdos e parabéns polo teu traballo.---- Maañónoo (o que ho?) 07:40, 29 outubro 2007 (UTC)

sur Flaubert et autres histoires[editar | editar a fonte]

Lin o que levas de Flaubert. Como o estás editando non corrixo nada, pero se queres unha revisión ortográfica cando remates avísame. Mais, sur tout, ne pas metre un espace devant le point ou la virgule. Ánimo, que pouco a pouco estamos facendo grandes cousas. --Flag of the Sahrawi Arab Democratic Republic.svg Sobreira (parlez) 19:33, 4 novembro 2007 (UTC)

Re: Benvida[editar | editar a fonte]

Ola Elvire. Ver como chegabas a este wiki e sobre todo ver como continuabas axudando, tanto aquí como na Wikipedia en francés, foi para min motivo de fonda emoción. Sempre que falei contigo tiven unha sensación moi especial, pensaba e penso que representas moi ben a algúns dos colaboradores deste proxecto. Por todo iso aprecei moitísimo todas as túas mensaxes, como aprecio a última que me deixaches. Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:40, 7 novembro 2007 (UTC)

Grazas[editar | editar a fonte]

Grazas por subilas imaxes, a de 1933 xa dubidaba da súa validez pero tentei buscar a orixe. Agora comezo en commons e tentarei subir imaxes de cando en vez.

Do artigo sería enriquecedor saber que cousas non che van para mellorar as referencias. O da protohistoria e Idade Antiga non teñas presa e se necesitas algo no que che poida axudar non tes máis que pedilo. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 17:07, 10 novembro 2007 (UTC)

Voto en Wikipedia: elección á administración[editar | editar a fonte]

Ola Elvire! O teu voto en Wikipedia:Votacións á administración non vai poder ser contado xa que non cumpre as condicións Wikipedia:Elección de administradores. Tes realizadas 495 edicións [2] (xa son unhas cantas), mais o requisito require 700. A pesar diso o teu voto pode permanecer alí, e podes mudalo e opinar, mais non será contado. Pouco che falta para chegar ás 700, así que xa sabes... a editar! ;) Un saúdo. AlberteSi, digame? 17:36, 16 novembro 2007 (UTC)

Categorys[editar | editar a fonte]

Ola Elvire, vin que empezaches a traballar coas categorías de escritores. Púxenlle a subcategoría de Escritores de Galicia a categoría Escritores de España. Dese xeito Valle Inclán por exemplo só levaría a categoría Escritores de Galicia, xa que esta pertence a Escritores de España. Poñendo categorías as categorías evitamos sobrecargar as categorías dos artigos de Categorías que se están vinculadas entre sí fan que algunha delas sexa redundante. Un saúdo e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 19:50, 18 novembro 2007 (UTC)

Grazas a ti[editar | editar a fonte]

Polo teu traballo. Por certo, que compartimos máis cousas, eu como son máis cínico son agnóstico jeje. Saúdos e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 21:32, 18 novembro 2007 (UTC)


Datas de nacemento[editar | editar a fonte]

Sintoo, non me decatei, vou volver poñelas de novo--Hugo22 22:07, 18 novembro 2007 (UTC)

re[editar | editar a fonte]

Non me gusta falar de terceiros noutras páxinas pero quería aclararche que a miña forma de relacionarme con Alberte adáptase ao modo en que el se comunica conmigo. Tento centrarme en razoar co meu interlocutor e espero recibir o mesmo pola súa parte. Con Alberte, do mesmo xeito que con moitos non tiven problemas de comunicación antes do mes de Agosto, incluso compartiamos cousas alleas á Galipedia.

Que sexa eu só o que fala dun determinado xeito a Alberte xa mo teñen dito, de momento o que falta é que alguén me diga que el tamén utiliza xeitos pouco apropiados para relacionarse conmigo. Neste segundo caso supoño que poderase entender como susceptibilidades miñas. Se ise é o caso tamén poderiamos interpretar que o seu tamén son susceptibilidades.

Non me extendo máis xa que como dixen non gusto de falar de terceiros. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 22:15, 18 novembro 2007 (UTC)

Entendo, pero non dixen que ti falases de terceiros, estabas a falar do meu actuar xa o sei, falaba de que eu non quería extenderme a falar de Alberte na túa páxina, non criticarte a ti, e levas razón en que estamos aquí para colaborar. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 23:19, 18 novembro 2007 (UTC)