Universo Mediodía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Universo Mediodía (en ruso: "Мир Полудня" ou "Мир Полдня" ) é unha saga de libros de ciencia ficción dos irmáns Arkady e Boris Strugatski. Moitos dos seus argumentos e fondos ideolóxicos foron copiados na serie Star Trek.

Segundo Arkady Strugatski, ambos escritores non pretendían formar un universo de ficción, senón que comezaron a reutilizar personaxes e escenarios de obras anteriores cando lles conviña. Vendo que coincidían en temas semellantes en varias novelas, decidiron seguir certas liñas argumentais que, debido á morte de Arkady, non conseguiron pechar.

Historia do universo Mediodía[editar | editar a fonte]

No século XXII, grazas ao triunfo do comunismo, a raza humana comeza a explorar o universo e contacta con outros seres intelixentes aos que nin conquistan nin colonizan, só os axudan a progresar debido aos valores éticos que impulsan á civilización terrestre a mirar polo ben de tódolos seres conscientes.

Os humanos acadaron a meta do marxismo e viven nunha meritocracia anarquista administrados por un Consello mundial, onde asesores de diversa índole (científicos, artistas, médicos, etc) "gobernan" o planeta. Aquelas persoas que, a pesar dos beneficios deste sistema aínda non atoparon o seu lugar neste mundo, parten á exploración espacial, algúns con misións encomendadas e outros por autorrealización. Os contactos con outras formas de vida están altamente protocolizados para que as culturas visitadas non sufran trauma algún, pero aínda así hai operacións de estímulo ao progreso técnico e moral en planetas con sistemas de goberno autoritarios e atrasados en tódolos sentidos, nos que ás veces atopan razas humanoides que se sospeitan son humanos tratados xeneticamente pola misteriosa e inalcanzable raza dos "vagabundos" ou Wanderers.

Novelas do universo Mediodía[editar | editar a fonte]

  • Полдень. XXII век (lit. "Mediodía. Século XXII", primeira publicación en 1961)
  • 'Попытка к бегству (lit. "Intento de fuga")
  • Далекая Радуга (lit. "Lonxe do arco da vella")
  • 'Трудно быть богом (lit. "É difícil ser un deus". Peter Fleischmann realizou unha versión cinematográfica en 1989 co título Es ist nicht leicht ein Gott zu sein).
  • Беспокойство (lit. "Inquietude")
  • Обитаемый остров (lit. "Illa habitada")
  • Малыш (lit. "Bebé")
  • Парень из преисподней (lit. "O neno do inferno")
  • Жук в муравейнике (lit. "O escaravello no formigueiro")
  • Волны гасят ветер (lit. "As ondas extinguen o vento")

A principios de 1990 os irmáns Strugatski comezaron a escribir o final da saga Mediodía pero debido á morte de Arkadi, Boris non segiu co libro que pecharía o universo Mediodía. Os Strugatski planeaban o libro como unha secuela directa de Обитаемый остров despois da historia da infiltración de Maxim Kammerer na elite de Saraksh.

A finaios dos anos 90 varios escritores rusos de ciencia ficción rendéronlles un homenaxe a través do libro de autoría colectiva "O tempo dos aprendices", publicado en Rusia con prólogo de Boris Strugatski. Os relatos do libro baséanse en ideas e obras dos Strugatskis, e moitos deles atópanse xa no Universo Mediodía.

Persoalidades do universo Mediodía[editar | editar a fonte]

  • Lev Abalkin (Абалкин, Лев)
  • Leonid Gorbovski (Горбовcкий, Леонид)
  • Maxim Kammerer (Каммерер, Максим)
  • Gennadi Komov (Комов, Геннадий)
  • Rudolf Sikorski (Сикорски, Рудольф)
  • Maia Glumova (Глумова, Майя)

Planetas do universo Mediodía[editar | editar a fonte]

  • Ark (Ковчег)
  • Arkanar (Арканар)
  • Planeta Terra (Земля)
  • Garrota (Гаррота)
  • Xiganda (Гиганда)
  • Esperanza (Надежда)
  • Leonida (Леонида)
  • Pandora (Пандора)
  • Pant (Панта)
  • Arco da Vella (Радуга)
  • Ruzhena (Ружена)
  • Saraksh (Саракш)
  • Saula (Саула)
  • Tagora (Тагора)
  • Tissa (Тисса)
  • Vladislava (Владислава)
  • Yaila (Яйла)

Razas doutros planetas[editar | editar a fonte]

  • Megaformas de Arca (негуманоиды Ковчега)
  • Caracoles Garrotianos (слизни Гарроты)
  • Golovanos (Голованы)
  • Humanos (люди)
  • Ludens (людены)
  • Leonidas (леонидяне)
  • Tagorianos (тагоряне)
  • Vagabundos (Странники)

Outras especies posiblemente conscientes que aparecen nos libros son os septoids (ver Mediodía: século XXII), cuxa sensibilidade non está realmente confirmada, semi-conscientes moluscos prehistóricos; os katapumoridako (ver Tempo Wanderers) e a criatura sensible non identificada morta por Pol Gnedykh no sistema solar Kroox (Mediodía: século XXII).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]