Universidade de La Sabana
Universidade de La Sabana | |
---|---|
Datos xerais | |
Localización | Chía, Colombia |
Datos actuais | |
Reitor | Obdulio Velásquez Posada[1][2] |
Alumnos | 12 158[3] |
Datos de contacto | |
Enderezo | Campus del Puente del Común Km. 7 Autoestrada Norte. |
Páxina web | unisabana.edu.co |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade de La Sabana (Unisabana) é unha universidade privada de Colombia. Foi fundada o 21 de setembro de 1979 pola Asociación para o Ensino Aspaen. A universidade é unha obra do apostolado corporativo da Prelatura do Opus Dei en Colombia.[4] Obtivo a Acreditación Institucional de Alta Calidade do CNA por 8 anos. Na edición de ano 2017 da clasificación QS, a universidade situouse no rango 701-800 e entre as mellores 100 universidades de América latina.
A súa sede atópase no concello de Chía. A súa poboación estudantil ascende a 12.158 (2016), dos cales 8.808 son de pregrao, 23 de doutoramento, 1.717 de mestría, 1.399 de especialización e 211 de especialidades médico-cirúrxicas.
Está integrada por 14 unidades académicas divididas en 8 facultades, unha escola, tres institutos e dúas unidades con carácter especial que ofrecen 22 programas de pregrao. En posgrao, ofrece 3 doutoramentos, 49 especializacións, 17 especialidades médicas e 28 mestrías, para un total de 119 programas nesa modalidade.[5] O persoal docente da universidade é de 1.936 profesores en total (2016). O corpo profesoral de planta está conformado por 378 docentes, dos cales, un 30% son doutoramentos, 56% con mestrías, 4% teñen unha especialización e 10% un pregrao-profesional. Os profesores de cátedra son 1.558.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Memoria Académica 2010" (PDF). Universidad de la Sabana. 2010. pp. 3–5. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 07 de agosto de 2014. Consultado o 25 de novembro de 2011.
- ↑ "Administración y directivos". Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2011. Consultado o 12 de novembro de 2011.
- ↑ "La Sabana en cifras". www.unisabana.edu.co (en castelán). Consultado o 25 de marzo de 2017.
- ↑ "Dirección de Curriculum: Acreditación". Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2011. Consultado o 10 de decembro de 2017.
- ↑ "Memoria Académica 2010" (PDF). Universidad de la Sabana. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 10 de decembro de 2017.