Universidade da Guajira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 11°22′52″N 72°15′40″O / 11.3810042, -72.2610622

Universidade da Guajira
Logo da universidade.
Datos xerais
LocalizaciónRiohacha, Colombia
Datos actuais
ReitorCarlos Arturo Robles Julio
Alumnos14 046 (2021-202)
Datos de contacto
EnderezoKm 5 Via Maicao, Riohacha
Páxina webuniguajira.edu.co
Facebook: Universidad-de-La-Guajira-422758191075433 Twitter: UniLaGuajira Instagram: uniguajira_ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Universidade da Guajira (en castelán: Universidad de La Guajira: en wayuu: Shikii Ekirajia Pulee Wajira), tamén coñecida como Uniguajira, é unha universidade pública con sede na cidade de Riohacha, no departamento colombiano de La Guajira. A universidade foi creada pola ordenanza núm. 011 e 012 de 1976, pola Asemblea Departamental, e abriuse en febreiro de 1977.[1] O seu campus principal, coñecido como Cidadela Universitaria, sitúase nos arredores da cidade, e acolle as facultades de Ciencias Básicas, Ciencias Económicas e da Administración, Ciencias da Educación, Enxeñaría, e Ciencias Sociais e da Humanidade. A universidade tamén ten varios campus satélites ao longo do departamento nas cidades de Albania, Fonseca, Maicao, Manaure e Villanueva, e un campus no departamento de Córdoba na cidade de Montería.[2] A universidade ofrece educación nos niveis técnico, grao e posgrao. A súa mascota é unha medusa, que simboliza poder e sinxeleza.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ministerio de Educación Nacional - Universidad de la Guajira" (en castelán). Consultado o 2009-03-22. 
  2. "Universidad de La Guajira - Pregrado" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2011. Consultado o 2009-03-22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]