A Universidade Aberta (UAb) é a única institución pública portuguesa de ensino superior a distancia, fundada en 1988 e con sede central en Lisboa. Pola súa vocación e natureza, a UAb utiliza, nas súas actividades de ensino, metodoloxías e tecnoloxías en liña orientadas cara a unha educación sen fronteiras xeográficas nin barreiras físicas, atendendo especialmente á expansión da lingua e da cultura portuguesas no espazo da lusofonía.
Desde 2011 conta cunha sede para Galiza localizada na vila de Rianxo, sendo a primeira que a Universidade abre fóra de Portugal[1]. Ata esa data a UAb apenas tiña un local de exames non permanente nas dependencias do Instituto Camões de Vigo.[2]