Paco Rivas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Cervo |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | catedrático , poeta , investigador |
Lingua | Lingua castelá |
Francisco Rivas Domínguez, coñecido como Paco Rivas,[1] nado en Cervo, é un filólogo, profesor e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo dun garda civil de Castro de Ribeiras de Lea (Castro de Rei) e dunha muller da Lavacolla (Santiago de Compostela), criouse en Nois (Foz). Estudou o bacharelato en Lugo e Filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela[2]. Foi profesor de Lingua e Literatura galega e asesor de Lingua e Literatura galegas no CEFOCOP de Pontevedra.[3]
Desenvolveu un amplo labor no ámbito da radio (Radio Cornellá, Radio Galega, Onda Cero, Radio Foz) en programas literarios onde fixo numerosas lecturas poéticas.[4]
Obra[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Cantaruxos do meu mar e outras cantigas (1999). Santiago: Follas Novas. ISBN 978-84-85385-31-7.
- De ti, perdidamente (2002). Sada: Ediciós do Castro. 82 páxs. ISBN 9788484850700.
- Palavras Perdudas (2007). Deputación Provincial de Lugo.
- Entre Nois e Pena Orxal (2009). Concello de Foz. 152 páxs. ISBN 978-84-606-4945-8.
- Camiñante de ningures (2012). Santiago: Follas Novas. ISBN 978-84-695-4344-3.
- TRACA-TRACO. 24 cantigas de nanar, un aloumiño e un arrolo (2015). Vigo: Ed. do Cumio. 72 páxs. ISBN 978-8482894928.
- Romance de Don Dinís e Dona Helena (2022). A Coruña: Medulia. 62 páxs. ISBN 978-84-125532-0-8.
Infantil[editar | editar a fonte]
- Picaraxadas (2017). Noia: Toxosoutos. ISBN 9788494771958.
Narrativa[editar | editar a fonte]
- Contos de onte para contar mañá (2007). Deputación de Lugo. 156 páx. ISBN 9788481923629.
- Mar… Usía. Relatos salpresados (2018). A Coruña: Baía Edicións. 141 páxs. ISBN 9788499952307.
- O paraugas na raiola e outros relatos (2019). A Coruña: Baía Ed. 152 paxs. ISBN 978-84-9995-314-4.
- A lúa non era lúa (2021). Ferrol: Embora. 56 páxs. ISBN 9788417824358. Relatos.
Investigación[editar | editar a fonte]
- Expresións e ditos populares da Área Mindoniense (1992).
- A gheada no concello de Ordes (1992).
- Fraseoloxía do mar na Mariña luguesa (2000). Centro Ramón Piñeiro.
- Dicionario Fraseolóxico do mar. Así falan os mariñaos (2005)
- De punta a chicote. Así falan os mariñaos (Locucións, ditos, refráns e outras combinacións frecuentes) (2015). Vigo: Ed. do Cumio.
- Entre o abalo e a zaranda. Dicionario léxico do mar (2016). Vigo: Ed. do Cumio.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez (2001).
- Homenaxe dos poetas de hoxe a Federico García Lorca contra a súa morte (2006).
- A gaita, o gaiteiro e as gaiteiras na poesía galega (1832-2012 (2012).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "p". www.ogalego.eu. Consultado o 2022-08-26.
- ↑ Fernández Rei, F. (2018): Limiar, en De punta a chicote, de Paco Rivas (Ed. do Cumio, 2015).
- ↑ Xolda.com. "Edicións Embora - Rivas, Paco". www.edicionsembora.es. Consultado o 2022-08-26.
- ↑ "Autores - Rivas, Paco". baiaedicions.gal. Consultado o 2022-08-26.