A Unión Republicana foi un partido político español fundado en 1903, en Madrid, por Nicolás Salmerón e Alejandro Lerroux baixo a dirección do primeiro, co propósito de unificar as esparexidas forzas republicanas españolas durante a Restauración borbónica. No seu programa se pretendía a restauración da Constitución de 1869, a proclamación da República e a convocatoria dunhas Cortes constituíntes.
Xa dende 1901, aparecían voces e intentos de unidade republicana en Cataluña, Almería ou Málaga, onde os mítines son o principal medio espallador das ideas unitarias.[1] Finalmente, lévase a cabo coa creación do partido, o 25 de marzo de 1903, a partir dunha grande asemblea republicana celebrada no Teatro Lírico de Madrid con Nicolás Salmerón, como líder principal, e apoiado por Alejandro Lerroux.[2][3] Conflúen nel case tódalas tendencias republicanas, e algúns sectores obreiros, agás os progresistas dirixidos por José María Esquerdo e un sector do republicanismo federal.[2]
Tres anos máis tarde, en 1908, a UR achegouse aos rexionalistas cataláns e integrouse na coalición Solidaritat Catalana. Pero diante do desexo de autonomía dos cataláns, a Unión escindiuse entre os partidarios de colaborar cos rexionalistas (liderados por Salmerón) e os que se opuñan ao catalanismo, encabezados por Lerroux e apoiados, tras un intento de conciliación, por Julián Besteiro.
Álvarez Rey, Leandro (2009). Los Diputados por Andalucía de la Segunda República, 1931-1939: diccionario biográfico I(en castelán). Sevilla: Centro de Estudios Andaluces / Consejería de Presidencia Junta de Andalucía. ISBN978-84-613-1326-6.
Avilés Farré, Juan; Elizalde Pérez-Grueso, María Dolores; Sueiro Seoane, Susana (2002). Historia política de España, 1875-1939. Colección: Fundamentos nº 92 (en castelán). Tres Cantos (Madrid): Ediciones Istmo. ISBN84-7090-320-9.
Martínez Roda, Federico (1998). Valencia y las Valencias: su historia contemporánea (1800-1975)(en castelán). Valencia: Fundación Universitaria San Pablo CEU. ISBN84-86792-89-4.
Sanz Noya, Julián (2009). La construcción de la dictadura franquista en Cantabria(en castelán). Santander: Universidad de Cantabria. ISBN978-84-8102-486-9.