Unión Regionalista Aragonesa
Unión Regionalista Aragonesa | |
---|---|
Ideoloxía | Nacionalismo aragonés |
Data de fundación | 1916 |
Data de disolución | 1923 |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Unión Regionalista Aragonesa (URA) foi unha organización rexionalista aragonesa que se fundou o 4 de novembro de 1916 en Zaragoza. En 1917 organiza as súas mocidades na Juventud de la Unión Regionalista Aragonesa, que pouco despois cambia a súa denominación a Juventud Regionalista Aragonesa.
A URA era unha formación burguesa conservadora que pretendía converter a Aragón nunha mancomunidade a exemplo da Lliga Regionalista en Cataluña. Os seus dirixentes eran Juan Moneva y Puyol, Andrés Giménez Soler, Antonio de Gregorio Rocasolano e Manuel Marraco. A pesar de intentar expandirse fóra de Zaragoza nunca se formou ningún núcleo estable fóra da capital aragonesa. En setembro de 1920 conseguiu a elección de tres concelleiros na cidade de Zaragoza, pero nos anos seguintes a formación diminuíu a súa actividade. Apoiou o Diretorio Militar formado por Primo de Rivera que se formou en setembro de 1923 e mesmo chegou a publicar o 8 de decembro, con outras forzas aragonesistas, un Proxecto de bases para un Estatuto da rexión aragonesa dentro do Estado español. Non se debe confundir coa Unión Regionalista Aragonesa de Barcelona ou Unión Aragonesista.