Eine Kindheitserinnerung des Leonardo da Vinci

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Interpretación freudiana dun voitre no cadro de Leonardo da Vinci Santa Ana, A Virxe e o Neno, descubrimento efectuado inicialmente por Pfister, e acollido por Freud con bastante reserva.

Eine Kindheitserinnerung des Leonardo da Vinci (en galego Un recordo infantil de Leonardo da Vinci) é unha obra de Sigmund Freud de 1910. Trátase da aplicación dos métodos da psicanálise clínica ó estudo biográfico de personaxes históricos. O presente traballo sobre Leonardo da Vinci foi a última incursión a gran escala de Freud no campo da biografía debido ó recibimento de desaprobación posterior.[1]

Contido[editar | editar a fonte]

Na obra desempeña un papel fundamental o recordo ou fantasía de infancia de Leonardo de ser visitado no seu berce por unha ave de presa introducíndolle a cola na súa boca. Diso deriva precisamente o maior defecto da incursión de Freud: a tradución errónea do termo orixinal miñato por voitre.[2] De aí abandonarase a idea do paxaro oculto no cadro Santa Ana, A Virxe e o Neno, así como o nexo co xeroglífico correspondente á palabra exipcia nai, dado que en ámbolos casos se alúde a un voitre e non ó miñato do caderno de anotacións de Leonardo.[3]

Con todo, considérase que o erro de Freud non afecta á esencia do estudo debido ás seguintes consideracións:[2]

  1. A detallista reconstrución da vida emocional de Leonardo da Vinci a partir dos seus primeiros anos.
  2. A descrición do conflito entre os seus impulsos artísticos e científicos.
  3. A profunda análise da súa historia psicosexual.

Engadíndose colateralmente diversas temáticas de considerable importancia:[2]

  1. Unha análise máis xeneralizada da natureza e operacións anímicas do artista creador.
  2. Un trazado inicial da orixe dun dos tipos de homosexualidade.
  3. A primeira exposición completa do concepto de narcisismo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Un recordo infantil de Leonardo da Vinci. Nota introductoria de James Strachey. Páx. 57.
  2. 2,0 2,1 2,2 Ibídem.
  3. Ibídem. 58.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Freud, Sigmund. Obras completas de Sigmund Freud. Volume XI - Cinco conferencias sobre Psicanálises, Un recordo infantil de Leonardo da Vinci, e outras obras (1910). 2. Un recordo infantil de Leonardo da Vinci (1910). ISBN 978-950-518-587-0. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]