Umanità Nova
| Umanità Nova | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||
|
Instancia de
| |||||
|
Lingua
| |||||
| Autoría | |||||
|
Fundador/a
| |||||
| Datas e cronoloxía | |||||
|
Data de creación
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Identificadores | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
|
Páxina WEB
| |||||
| Wikidata C:Commons | |||||
Umanità Nova (Nova Humanidade) é un periódico anarquista italiano fundado no ano 1920 en Milán e, en 2022, é o medio escrito da Federación Anarquista Italiana. Entre os seus colaboradores máis destacados estiveron Errico Malatesta, Antonio Ceri (os fundadores) e Camillo Berneri.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Publicábase diariamente e nalgunhas zonas italianas a súa circulación, que foi duns 30.000 exemplares primeiro e logo duns 60.000, superou á do Avanti!, o xornal do Partido Socialista Italiano, ata 1922 en que foi pechado polo réxime fascista. Nunha carta de Anna Kuliscioff a Filippo Turati, a primeira estimaba a tiraxe do xornal en 100.000 exemplares, mentres que no mesmo período a tirada de Avanti! eran 70.000 exemplares.[1] Posteriormente, ata 1926, mantivo unha pequena tiraxe esporádica e clandestina e, entre 1943 e 1945, houbo unha reaparición notable con 14 números de 8.000 exemplares impresos en Florencia, Roma e Xénova.
Despois da caída do réxime en 1945 e dun congreso anarquista en Carrara, a publicación comezou a saír de novo dunha forma estable, esta vez nun formato semanal. O periódico continúa sendo publicado a día de hoxe, sendo impreso en Carrara, e dende 1974 é redactado por un equipo colexiado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Schirone 2010, p. 29.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Schirone, Franco (2010). Cronache Anarchiche (en italiano). Milán: Zero in Condotta. ISBN 978-88-95950-13-6.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Umanità Nova, sitio de Internet
- https://www.umanitanova.org/?s=Fubine&submit=Cerca Arquivado 30 de xuño de 2020 en Wayback Machine. (en italiano)