Javier Rodríguez Pampín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde «Ulpiano Javier Rodríguez Pampín»)
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Javier Rodríguez Pampín
Nome completoUlpiano Javier Rodríguez Pampín
Lugar de nacementoMelide
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Ulpiano Javier Rodríguez Pampín, nado en Melide, e finado en 2022, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Concelleiro en Melide dende 1974, sendo tenente de alcalde[1]. En 1976 foi nomeado alcalde[2]. Presentouse ás eleccións municipais de 1979 por UCD e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1983 encabezou Coalición Popular (como membro do PDP) e foi reelixido cunha ampla maioría absoluta (9 concelleiros de 13). Foi deputado provincial entre 1979 e 1987. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura da CPG, sendo o máis votado pero sen maioría absoluta, polo cal perdeu a alcaldía en favor de AP que pactou un goberno alternativo cos independentes de Unidade dos Veciños. Á fin dese mandato retirouse da primeira liña política[3].

Finou en agosto de 2022.[4]


Predecesor:
?
 Escudo de Melide A Coruña.svg
Alcalde de Melide
 
1976 - 1987
Sucesor:
Manuel Ángel Rey Rodríguez


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Entrevista en La Voz de Galicia Santiago, 2-11-1986 p.43
  2. Entrevista en La Voz de Galicia Santiago, 2-11-1986 p.43
  3. Nova en La Voz de Galicia Santiago, 7-2-1991 p.34
  4. "Melide está de luto por el fallecimiento de su exalcalde Javier Rodríguez Pampín". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-08-01. Consultado o 2022-09-23. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]