Javier Rodríguez Pampín
Javier Rodríguez Pampín | |
---|---|
Nome completo | Ulpiano Javier Rodríguez Pampín |
Nacemento | 1943 |
Lugar de nacemento | Melide |
Falecemento | 1 de agosto de 2022 |
Lugar de falecemento | Melide |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ulpiano Javier Rodríguez Pampín, coñecido como Javier do Aceiteiro, nado en Melide cara a 1943 e finado no mesmo concello o 1 de agosto de 2022, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Rexentaba o ultramarinos familiar. Foi concelleiro en Melide dende 1974, sendo tenente de alcalde.[1] En 1976 foi nomeado alcalde.[2] Presentouse ás eleccións municipais de 1979 por UCD e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Popular (como membro do PDP) e foi reelixido cunha ampla maioría absoluta (9 concelleiros de 13). Foi deputado provincial entre 1979 e 1987. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura da CPG, sendo o máis votado pero sen maioría absoluta, polo cal perdeu a alcaldía en favor de AP que pactou un goberno alternativo cos independentes de Unidade dos Veciños. Á fin dese mandato retirouse da primeira liña política.[3]
Finou en Melide o 1 de agosto de 2022 con 79 anos.[4]
Predecesor: Manuel Rodríguez Cabaleiro |
![]() Alcalde de Melide 1976 - 1987 |
Sucesor: Manuel Ángel Rey Rodríguez |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Lolita Rodríguez Calvo e foi pai de Mª Dolores, Javi, María e Elena Rodríguez Rodríguez.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Entrevista en La Voz de Galicia Santiago, 2-11-1986 p.43
- ↑ Entrevista en La Voz de Galicia Santiago, 2-11-1986 p.43
- ↑ La Voz de Galicia, Santiago, 7-2-1991 p.34
- ↑ "Melide está de luto por el fallecimiento de su exalcalde Javier Rodríguez Pampín". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-08-01. Consultado o 2022-09-23.
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 2-8-2022, p. 41.