Saltar ao contido

Ulpiano Checa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaUlpiano Checa

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Ulpiano Fernández-Checa y Saiz Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de abril de 1860 Editar o valor en Wikidata
Colmenar de Oreja, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de xaneiro de 1916 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Dax, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaColmenar de Oreja Editar o valor en Wikidata
Outros nomesUlpiano Checa Editar o valor en Wikidata
EducaciónReal Academia de Belas Artes de San Fernando
Real Academia de España en Roma Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor, escultor, gravador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1875 Editar o valor en Wikidata - 1899 Editar o valor en Wikidata
AlumnosHenriette Delabarre-Henry (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteMalerwerke des neunzehnten Jahrhunderts: Beitrag zur Kunstgeschichte (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4438430 Discogs: 3337846 Editar o valor en Wikidata

Ulpiano Fernández-Checa y Sanz, nado en Colmenar de Oreja (Provincia de Madrid), o 3 de abril de 1860, e finado en Dax o 5 de xaneiro de 1916, foi un pintor, escultor, cartelista e ilustrador español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ulpiano Checa naceu o 3 de abril de 1860 na localidade madrileña de Colmenar de Oreja, no número 5 da antiga "rúa de las Damas", que no presente leva o nome do pintor. Dende moi pequeno manifestou ter calidades para o mundo da arte. Con trece anos coñeceu, na súa vila natal, a José Ballester, marido dunha veciña de Colmenar, que era propietario do Café de la Concepción, na Corredera Baja en Madrid. En 1873 José Ballester, despois de consultar a Luis Taberner, artista recoñecido en Madrid, decidiu levar a Ulpiano xunto coa súa familia á capital. Ulpiano Checa instalouse na casa de Ballester, quen pagou todos os seus estudos, sendo o seu protector e mecenas. Checa estabeleceu amizade co fillo de José Ballester, Eduardo Ballester Estrecha, co que conviviu durante os anos da súa estancia en Madrid, de 1875 a 1884.

Torre de Colmenar de Oreja, acuarela sobre papel, 52,1 x 37cm. Torre de Colmenar de Oreja como estaba antes do incendio de 21 de agosto de 1886. Apuntamento tomado dende o Zacatín por Ulpiano Checa. Obra doada pola igrexa de Santa María a Maior ao Museo de Ulpiano Checa.

Estudou na Escola de Belas Artes e Oficios, e en 1875, ingresou na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, na que estivo até 1880; durante a súa estadía na Academia obtivo tres medallas (perspectiva, debuxo do antigo e roupaxes e teoría e historia das belas artes) e dúas bolsas para pintura de historia. As súas boas cualificacións permitíronlle traballar como profesor adxunto de Pablo Gonzalvo na materia de perspectiva entre 1879 e 1884. Durante a súa estancia como pensionado na Academia Española de Belas Artes de Roma, Ulpiano Checa colaborou coa revista La Ilustración Española y Americana.[1] Traballou como axudante de Manuel Domínguez na decoración do Palacio de Linares e na Basílica de San Francisco o Grande, os dous proxectos decorativos máis importantes de Madrid durante as últimas décadas do século. Tamén decorou o café do seu protector con vidreiras de motivos florais.

Con motivo do segundo centenario da morte de Calderón de la Barca, realizou as súas primeiras colaboracións como ilustrador na revista. Interesado polo devir artístico, moveuse dentro dos círculos culturais madrileños, e participou como socio fundador na creación do Círculo de Belas Artes de Madrid.

En 1884, obtivo a pensión de número na sección de pintura de historia na Academia de Belas Artes de Roma. Os seus traballos foron moi destacados. Un ano despois, durante o último curso da súa pensión, viaxou a París e participou no Salón dos Campos Elíseos co rapto de Proserpina, o que provocou discrepancias dentro da academia española. Tras finalizar os seus estudos, solicitou a pensión de mérito para a Academia en Roma, pero esta recaeu sobre Mariano Benlliure.

Checa fixou a súa mirada en París, que por aqueles anos xa se situou como o epicentro cultural europeo. En 1889, estabeleceuse na capital francesa e participou na Exposición universal deste ano co lenzo En la iglesia, que foi premiado coa terceira medalla. Coñeceu a Matilde Chayé, muller pertencente a unha familia acomodada de orixe gascón e en 1890 contraeu matrimonio. Checa cambiou a súa residencia definitivamente e viviu entre París e Bagnères-de-Bigorre, localidade situada nos Altos Pireneos onde a familia Chayé, moi apreciada dentro da comunidade, tiña unha residencia. Pero nunca esqueceu as súas orixes, e regresou a España en diversas ocasións para pasar tempadas de descanso e visitar a amigos e familiares en Colmenar de Oreja. O seu espírito inquieto e a súa posición económica permitíronlle viaxar por medio mundo e isto converteuno nun artista de fama internacional.

En 1890, obtivo o seu primeiro triunfo nos Salóns de París. Nos Campos Elíseos presentou a súa soada Carrera de carros romanos e conseguiu a terceira medalla. Tanto o público como a crítica encomiaron esta obra. O seu nome fíxose popular dentro dos círculos artísticos e enxalzouse como un dos pintores españois máis prometedores de cantos traballaban na capital francesa. Un ano despois, o goberno español condecorouno coa Orde de Carlos III.

Logo de estoupar a primeira guerra mundial, xa doente, deixou París para instalarse en Bagnères-de-Bigorre. En pouco tempo trasladouse á próxima localidade de Dax, onde morreu o 5 de xaneiro de 1916. Por expreso desexo do pintor, os seus restos mortais foron trasladados a Colmenar de Oreja, onde foi sepultado o día 20 dese mesmo mes.[2]

Obras salientables

[editar | editar a fonte]
  1. Reyero 1990, p. 218.
  2. Catálogo de la exposición Fantasía y movimiento, Museo de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, setembro de 2007, páxina 250.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Catálogo: Blanche Odin, Ulpiano Checa, La Rencontre, 1890-1916, Xavier Etcheandia y Bénédicte Magnin, Musée des Beaux-Arts Salies à Bagnères-de-Bigorre, Ville de Bagnères-de-Bigorre
  • Alzaga, Amaya (2017). "Les regards de Zacharie Astruc et Ulpiano Checa sur l'Espagne finiseculaire, héritiers du Romantisme du Baron Davillier et Gustave Doré". En Cyril Devès (dir.). 22 & 23 mars 2013 - Lyon. Colloque International. G. Doré 1883-2013. Ecole Emile Cohl. pp. 116–121. ISBN 9782954204420. 
  • Reyero, Carlos (1990). "La disyuntiva Roma-París en el siglo XIX: las dudas de Ulpiano Checa". Anuario del Departamento de Historia y Teoría del Arte 2: 217–228. ISSN 2530-3562.