Ulexita
Aparencia
| Ulexita | |
|---|---|
| Información xeral | |
| Fórmula química | NaCaB₅O₆(OH)₆·5H₂O |
| Clase | Borato |
| Sistema cristalino | Triclínico |
| Propiedades físicas | |
| Cor | Incoloro, branco |
| Brillo | Vítreo, opalescente |
| Dureza | 2,5 (escala de Mohs) |
| Exfoliación | Perfecta |
| Fractura | Irregular e desigual |
| Raia | Branca |
| Densidade | 1,96 g/cm3 |
| Propiedades ópticas | |
| Clasificación | |
| Outros datos | |
| Referencias | |
A ulexita é un mineral do grupo V (boratos), segundo a clasificación de Strunz. É un borato hidratado de sodio e calcio. Pode ser incoloro ou de cor branca.
Foi nomeado así en homenaxe ao químico alemán George Ludwig Ulex (1811 – 1883), que foi o primeiro en describilo, en 1850.
Lugares onde se atopa
[editar | editar a fonte]Encóntrase en rexións áridas, praias salinas e lagos salinos resecados. Está xeralmente asociado cos minerais pickeringita, nitratina, halita e glauberita Os maiores depósitos coñecidos están nos Estados Unidos (California e Nevada), Chile (Rexión de Tarapacá) e Kazakhstán.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ulexita |
- Ministerio de Educación e Ciencia - Minerais Arquivado 07 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)
- Mindat.org (en inglés)