Ulad Delim
Aparencia
| Ulad Delim | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
Ulad Delim (en árabe: أولأد دليم) é unha tribo do Sáhara Occidental. Considéranse descendentes dos Beni Hassan, cunha liñaxe que se remonta a Mahoma, que emigraron dende Marrocos por conflitos cos seus gobernantes. Tradicionalmente percorrían o sur do territorio e recibían tributo doutras tribos a cambio de protección.
Enfrontados aos franceses, os franceses ofrécenlle a paz a cambio que se asenten no seu territorio enmarcado na rivalidade franco-española pola zona, os Ulad Delim pediron en 1933 a entrada de España no interior do Sáhara Occidental, cousa que fan ao ano seguinte cando ocupan Daora e Smara.
Divídese en cinco fraccións (fahed): Ludeicat, Serahna, Ulad Baamar, Ulad Jaliga e Ulad Tagueddi
| A Galipedia ten un portal sobre: Sáhara Occidental |
