Uberlândia
| ||
Estado | Minas Xerais | |
Superficie | 4 115,8 km² | |
Poboación Densidade |
615 345 (2007) 156,98/km² | |
Latitude | 18° 55' 23" S | |
Lonxitude | 48º 17' 19" O | |
Altitude | 863 msnm | |
Distancia de Belo Horizonte | 563 km | |
Código postal | 38400-000 | |
Administración local: | Prefeitura Municipal de Uberlândia - Av. Anselmo Alves dos Santos, 600 | |
Prefeito | Odelmo Leão Carneiro | |
Mapa da cidade en Minas Xerais | ||
---|---|---|
![]() |
Uberlândia é a terceira cidade do Estado brasileiro de Minas Xerais, cuns 570.000 habitantes (IBGE 2004). Sitúase no oeste do Estado, no chamado Triángulo Mineiro.
Posúe o aeroporto de Minas Xerais, o 3º en movementos, e o 27º do Brasil en número de pasaxeiros transportados, con voos operando cara a São Paulo, Belo Horizonte, Goiânia, Brasilia, Ribeirão Preto, Uberaba, e para as capitais de estados do Nordeste brasileiro en alta temporada.
Economía[editar | editar a fonte]
A súa economía é predominantemente industrial, seguida polo polo sector de servizos, marcado pola actuación de grandes empresas grosistas, xa que a cidade se encontra localizada nunha rexión con fácil acceso por estrada a São Paulo (603 km, polas estradas BR-050 e SP-330), Ribeirão Preto (275 km), Brasilia (434 km) e ao interior do Brasil. É tamén marcada polo chamado agronegocio (gandería e plantación de soia, centros de almacenaxe, comercio e industrialización destes bens e dos seus subprodutos).
A cidade tamén está marcada pola presenza de universidades, tendo unha poboación universitaria de aproximadamente 30.000 estudantes, principalmente na Universidade Federal de Uberlândia (pública) e na Universidade do Triângulo - Unitri (particular).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Uberlândia |