Saltar ao contido

Ua Huka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ua Huka
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Implicados
 Inventor/a ou descubridor/a
Datas
 Descuberta / invención
19 de abril de 1791 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Situado na entidade xeográfica
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
719 (2022)
582 (2002)
571 (2007)
621 (2012)
674 (2017) Editar o valor en Wikidata
 Anchura
   9,5 km Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   14,5 km Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   83,4 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   855 m Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
Códigos e identificadores
VIAF315529320 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/08p513 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Ua Huka (en marquesano ´uahuka) é unha illa das Marquesas, na Polinesia Francesa. Está situada no grupo norte do arquipélago, a 42 km ao leste de Nuku Hiva.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A illa ten unha forma de croissant aberto cara ao sur, cunha superficie total de 83,4 km². Cun relevo menos elevado que as illas veciñas, a altitude máxima é de 855 metros no monte Hitikau. Moitas zonas son áridas e case desertas desforestadas polos rabaños de cabras e cabalos. Hai unhas 3.000 cabezas de gando.

A poboación total era de 621 habitantes no censo do 2012, distribuída en tres vilas: Vaipaee, Hane e Hokatu. A riqueza turística baséase na restauración dos numerosos sitios arqueolóxicos, na exposición dos vestixios en dous museos, e na conservación da flora no único xardín botánico polinesio. Entre os vestixios arqueolóxicos destacan uns antigos petróglifos. O Arboretum de Pupuakeiha consta de 17 hectáreas onde se plantaron máis de trescentas especies de árbores. Permite constatar a adaptación ao chan marquesano e seleccionar as variedades para reforestar a illa. Ao oeste atópase a misteriosa «gruta dos pasos». Trátase dunha gruta accesible só por mar onde hai unhas pisadas.

Ua Huka, ás veces escrito como Roohka ou Ua-huna, foi descuberta polo capitán estadounidense Joseph Ingraham en 1791. Chamouna Wáshington Island, nome que tamén deu a todo o grupo norte en honra ao presidente de entón George Washington. Outros nomes utilizados son Riou e Solide.