Unión Deportiva Pájara Playas de Jandía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "UD Pájara Playas de Jandía")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pájara Playas
NomeUnión Deportiva Pájara Playas de Jandía
Fundación1996
Desaparición2011
EstadioCosta Calma,
Pájara, Fuerteventura, España España
Capacidade1.000
Na casa
Fóra

A Unión Deportiva Pájara Playas de Jandía foi un club polideportivo español, da cidade de Pájara, na illa de Fuerteventura, Canarias. Fundado en 1996, desapareceu en 2011 por problemas económicos.

Foi especialmente coñecido polo seu equipo de fútbol. O seu maior logro foi un subcampionato na tempada 2003/04 en Segunda División B, categoría na que xogou 12 tempadas consecutivas.

Tamén tivo seccións de atletismo, loita canaria, bodyboard e tenis.

Historia[editar | editar a fonte]

A UD Pájara Playas nace o verán de 1996 coa unificación ao redor da Unión Deportiva La Pared (club fundado en 1975) dos principais clubs deportivos do municipio: os equipos de fútbol Unión Deportiva La Lajita, Club Atlético Pájara e Unión Deportiva Jandía (estes dous últimos posteriormente abandonaron o proxecto); o club de loita canaria de Morro Jable e a Escola de atletismo de Morro Jable. A unión foi tutelada polo concello da localidade, que bautizou ao novo co nome de Playas de Jandía, co obxectivo de promocionar o turismo.

O novo club comezou a competir a tempada 1996/97 tomando a praza da UD La Pared en Terceira División. Tras finalizar a liga en cuarta posición, e cunha brillante actuación na liguiña de promoción, que termina invicto, o club logra o ascenso no seu primeiro ano de vida.

Na tempada 1997/98 o Pájara Playas debuta na Segunda División B, logrando sen apuros a permanencia.

A campaña 2001/02 disputa por primeira vez a Copa do Rei. Tras superar unha eliminatoria preliminar, cae en primeira rolda ante o Real Madrid, que se impuxo por 0-4 no Estadio Benito Alonso.[1]

A tempada 2003/04 realiza a mellor campaña da súa historia, proclamándose subcampión do seu grupo en Segunda B, o que lle permite disputar o ascenso á Segunda División. Na liguiña de ascenso, con todo, os majoreros víronse claramente superados pola UE Lleida, a Cultural Leonesa e o Celta B.

A tempada 2008/09 descende logo de 12 anos a Terceira División tras quedar 18º. O descenso consumouse o 3 de maio de 2009 tras perder 5-1 contra o Alcorcón en Santo Domingo.

O Pájara Playas disolveuse o 12 de xullo de 2011 debido ás limitacións económicas para continuar coa xestión do club.

Estadio[editar | editar a fonte]

Na tempada 2008/09 o club trasladouse ao Campo Municipal de Costa Calma, con capacidade para 1.000 persoas, cuxo terreo é de céspede artificial. Foi inaugurado o 2 de agosto de 2008 cun partido amigable entre o local Pájara Playas e a UD Las Palmas. Anteriormente a localía do club atopábase no Estadio Benito Alonso, no poboado de La Pared.

Datos do club[editar | editar a fonte]

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en 2ªB: 12
  • Tempadas en : 3
  • Mellor posto na liga: 2º en Segunda B (tempada 2003/04)

Historial por tempadas[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto Copa do Rei
1996/97
1997/98 2ªB
1998/99 2ªB 15º
1999/00 2ªB 10º
2000/01 2ªB
2001/02 2ªB 14º 1ª Rolda
2002/03 2ªB
2003/04 2ªB
Tempada Categoría Posto Copa do Rei
2004/05 2ªB 15º Rolda Preliminar
2005/06 2ªB 12º
2006/07 2ªB 16º
2007/08 2ªB
2008/09 2ªB 18º
2009/10
2010/11

Xogadores destacados[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Mundo - Guti rompe a «síndrome Toledo»". Consultado o 11 de xaneiro de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]