Unión de Tribunais Islámicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Unión de Cortes Islámicas")
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Midowga Maxkamadaha Islaamiga
(en somalí)
اتحاد المحاكم الإسلامية (en árabe)
(Ittihād al-mahākim al-islāmiyya)

Unión de Tribunais Islámicos

2006

Bandeira

Lema: Non hai máis deus que Alá e Mahoma é o seu profeta
Capital Mogadixo
Lingua somalí e árabe
Goberno Estado islámico
Presidente
 • n/d Sharif Ahmed
 • n/d Hassan Dahir Aweys
 • n/d Abdirahman Janaqow
Historia
 • Establecido {{{ano_comezo}}}
Moeda Xilin somalí

A Unión de Tribunais Islámicos (UTI) ou Unión de Cortes Islámicas (UCI) (en somalí, Midowga Maxkamadaha Islaamiga; en árabe, اتحاد المحاكم الإسلامية Ittihād al-mahākim al-islāmiyya) son un grupo de tribunais de aplicación da Sharia que se reuniron como oposición ao Goberno Federal de Transición de Somalia (GTS), con Sharif Sheikh Ahmed como líder principal das UTI ou UCI.

Tamén son coñecidas como Consello Supremo das Cortes Islámicas (CSCI), ou Consello Conservador das Cortes Islâmicas, como esta milicia fundamentalista islámica se chama a si mesma a partir de xullo de 2006, e que chamaban Unión das Cortes Islámicas ou Unión dos Tribunais Islámicos até o 24 de xuño de 2006.

Este Consello é un grupo de líderes islamistas reunidos nun sistema de tribunais autoproclamados, sendo o seu líder xeral o Xeque Sharif Sheikh Ahmed. Despois de que a milcia cambiara de nome, Hassan Dahir Aweys foi o novo líder.

Outros nomes son Consello Islámico das Cortes de Somalia, Consello Islámico dos Tribunais de Somalia, ou Supremo Consello dos Tribunais de Somalia, en tanto que en medios occidentales comunmente se nomean como islamistas de Somalia.

Avances da UTI.

Até finais de decembro de 2006, controlaron Mogadixo, a capital de Somalia, Jowhar, unha cidade a 90 km ao norte, e moitas das maiores cidades do país, como Kismaayo e Beledweyne.

Tiñan, por tanto, baixo control a maior parte do territorio somalí non pertencente ás autoproclamadas como Repúbicas independentes Puntlandia e Somalilandia, no norte, e o Consello era apoiado por unha vasta maioría da súa poboación. Só as máis afastadas rexións interiores do sur estaban fóra do seu control.

En decembro de 2006 as UCI perderon unha considerábel porción de territorio despois das derrotas nas batallas de Baidoa, Bandiradley e Beledweyne, repegándose para a capital, Mogadixo.

Finalmente abandoaron a capital o 28 de decembro, sen conflito, movéndose cara ao sur, a Kismaayo, e permitindo ao GTS e ás tropas etíopes que o apoiaban, asumir o control da cidade.

Un dos máis destacados membros do Consello é Ahmed Mohamed Islam, tamén coñecido como Cheikh Ahmed Madobe ou Madobe, que actualmente é o presidente do Estado autónomo de Xubalandia, no sur de Somalia.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Former Islamist warlord elected president of Somali region Axencia Reuters, 15 de naio de 2013. (en inglés). Consultada o 23 de abril de 2017.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outrios artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.