Tz'akbu Ajaw
Biografía | |
---|---|
Nacemento | década de 610 |
Morte | 16 de novembro de 672 (Gregoriano) (52/62 anos) |
Actividade | |
Ocupación | consorte |
Período de actividade | (Con vida en: século VII ) |
Familia | |
Cónxuxe | K'inich Janaab' Pakal |
Fillos | K'inich K'an Joy Chitam II |
Tz'akbu Ajaw ou Ahpo-Hel, nada en Ox Che' Kuh, circa 610 e finada o 16 de novembro de 672,[1] foi a esposa do ahau K'inich Janaab' Pakal, máis coñecido como Pakal o Grande, quen gobernou a cidade estado maia de Palenque. En ocasións é referida como Ix Tz'akbu Ajaw (Señora Tz'akbu Ajaw ou Señora da Sucesión).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Crese que naceu en Ox Che' Kuh, un lugar situado nas chairas do actual estado mexicano de Tabasco, onde vivía unha subliñaxe do señorío de B'aakal (Lugar do Óso), cuxa capital era Lakam Ha' (Lugar das Grandes Augas) —hoxe coñecida como a zona arqueolóxica de Palenque—, onde vivía a clase gobernante.[2] O seu pai foi Yax Itzam Aat, un gobernante de segunda orde, cuxo título era tuun ajaw ou gobernante da Pedra Preciosa.[3]
O 19 ou 22 de marzo do ano 626 casou con Pakal o Grande.[4] Do seu matrimonio naceron tres fillos, dous deles foron gobernantes, K'inich Kan Bahlam II, quen naceu no 635, e K'inich K'an Joy Chitam II, quen naceu no 644. O seu terceiro fillo foi Tiwol Chan Mat, naceu no 648, non ascendeu ó poder pero foi pai de K'inich Ahkal Mo' Nahb III, quen gobernou do 721 ao 729.[5]
Tz'akbu Ajaw atópase representada iconográficamente no Taboleiro do Palacio xunto ao seu fillo Joy Chitam e ó seu esposo Pakal o Grande, todos eles sentados nos tronos da creación mítica durante a cerimonia de entronización. Ela distínguese por portar as insignias guerreiras do pedernal e escudo que entrega ó seu fillo.[6] Outro taboleiro onde tamén se atopan representados este tres personaxes está resgardado no museo Dumbarton Oaks en Washington D. C[7].
Realizáronse diversos estudos á osamenta da chamada Raíña Vermella de Palenque —atopada en 1994 por Fanny López Jiménez e Arnoldo González Cruz no Templo XIII— que apoian a hipótese que sostén que estes restos mortais corresponden a Tz'akbu Ajaw.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bernal Romero, Guillermo (2011). El señorío de Palenque durante la Era de K'inich Janaahb' Pakal y K'inich Kan B'ahlam (615-702 d.C.) (PDF). Universidade Nacional Autónoma de México, Histomesoamericana. Consultado o 27 de decembro de 2012.
- Florescano, Enrique (2009). Los orígenes del poder en Mesoamérica. México: Fondo de Cultura Económica. ISBN 978-607-16-0140-7.
- Grube, Nikolai (2006). Los mayas. China: Könemann. ISBN 978-3-8331-1959-0.
- Malvido, Adriana (2009). La Reina Roja: el secreto de los mayas en Palenque. México: Debolsillo. ISBN 978-607-429-400-2.
- Tiesler, Vera; Cucina, Andrea (2004). Janaab' Pakal de Palenque: vida y muerte de un gobernante maya. México: Universidade Nacional Autónoma de México. ISBN 970-32-1489-4. Consultado o 17 de decembro de 2012.